Skip to Content

Terapia con animais

No ano 2017, tivemos unha primeira toma de contacto coa terapia con animais no centro, da man de Ardai. No presente curso 2023/2024 e logo de algúns cursos retomamos as sesións de terapia con animais.

As sesións desenvólvense un día por semana, os martes, nunha aula especialmente habilitada para esta actividade. Proximamente presentaremos a estes novos e vellos amigos xunto cos terapeutas que nos acompañarán.

AS ORDES DO MECO

Este curso, o noso meco será de novo SABELA!!! 

Cada día da semana mandará asistir ao cole cunha prenda ou accesorio diferente e así ir creando un ambiente festivo ao longo da semana.

Comezamos coas ORDES:

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

 

      

OBRADOIRO DE COMPADRES E COMADRES

Onte levouse a cabo no cole un obradoiro  de confección dos mecos de compadres e comadres.

A actividade organizouse en tres grupos.Primeiro foron as aulas 5 e 6. Logo as 10:50 foi a quenda das aulas 3 e 4 e a continuación as aulas 7,8 e 9. Finalmente baixaron as aulas do 4º nivel: 1, 2 e 10. Realizouse na biblioteca onde dous monitores estiveron ensinando a realizar ditos bonecos e foi moi divertido.

SAÍDA AO AUDITORIO: SAFARI

Hoxe, martes 4 de febreiro, recén acabamos de chegar do Auditorio Municipal de Ourense de ver unha delicia de espectáculo que ten por título: SAFARI.

O bullying é o tema que se trata; aquí o alumnado pode entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana. 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, o igual que cada 30 de xaneiro, conmemórase o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ e no noso centro estivemos traballando activamente e preparamos un montón de actividades.

O profe de música, Jose, compuxo a canción da Paz titulada " A CANCIÓN DA AXUDA" e ensaiámola todos na súa aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut