A semana pasada estivemos de celebracións varias e foron moitas as actividades que fixemos no cole que se organizaron desde as distintas dinamizacións. Agora que as rematamos aquí vos contamos como foi todo...
Perico e Piruleta estiveron buscando cousiñas e deixanvos unha selección de materiais que están na biblioteca así como vídeos, atopados na rede e outros de creación propia, para ir preparando as festas da primavera: Árbore, Auga e Poesía.
Na última semaniña de festexos adicados ao entroido foron as aulas 7, 8, 9 e 10 as encargadas de poñerlle cor a entrada do colexio, decorando os dous paneis correspondentes ao domingo de entroido e ao domingo de piñata e tamén de elaborar as piñatas que colocamos no patio o día do entroido.
O pasado venres, día 1 de marzo, a comunidade educativa do CEE Miño celebrou a súa festa de Entroido, co lema "Repoboación" seguindo coa liña dos proxectos que