Skip to Content

Blogues

COMPARTINDO MAIO

Achegamos nova entrada de COMPARTINDO con lecturas, formacións e masterclass interesantes.

RADIO VELLE

Ben queridas familias,

Abrimos novo bloque na páxina web do centro!!! RADIO VELLE

O compañeiro Lucas creou un espazo divulgativo que consideramos pode ser moi interesante para toda a comunidade.

Se premedes no logo podedes ver as entrevistas feitas ata o de agora.

Agardamos que vos guste.

Visitas especiais

Ola familias! O Venres recibimos na nosa aula unha visita super especial, Thara, Siham, Adrián, Jenny e o profe Ramón. Viñeron lernos uns párrafos do libro da liña temática que estamos a traballar este curso.

Despois fixeron xunto con Abraham e Branyeli un xogo de atención.

Faltounos Lucas que estaba enfermiño!

Disfrutamos moito con estas visitas!

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

 

Aqui vos deixamos unha mostra a través de imaxes das actividades que se levaron a cabo no cole para conmemorar o día 23 de abril, Día do Libro.

PINGÜIN

O pasado martes día 30 fomos ao auditorio para ver a obra de títeres "PINGÜIN". Unha familia de pingüinos afronta o nacemento dun novo membro do clan. Estivo xenial e aos nenos e nenas encantoulles.

Reciclaxe

Ola familias! Fai uns días comezamos a explicar un pouco sobre o tema da reciclaxe e dos distintos cores que nos podemos topar! Todo ca aplicación que nos encanta, pictosonidos!

Distribuir contido


by Dr. Radut