Skip to Content

Blogues

OS NOSOS PAXAROS

Saímos cos nosos comunicadores

Como ben sabedes Lucas e Branyeli son usuarios de comunicadores. Lucas do Grid 3 e Branyeli do Asterics. E como non pode ser doutro xeito, nas saídas e nas excursións tamén levan os seus comunicadores con eles, posto que son a súa voz!

Saída ao auditorio

Ola familias! Hoxe fumos ata o Auditorio de Ourense en autobús para ver unha obra de monicreques a cal encantounos.

 

Traballamos os números

Tamén ademais de iniciarnos na lectoescritura,coñecer as letras, traballar cos nosos comunicadores que ao final son a nosa voz, gústanos moito traballar os números. De maneira manipulativa como a súa grafía! E sempre tendo en conta os nosos centros de interés, os animais!


Exercicios de atención

Ola familias! Na aula 3 xa estamos inmersos na lectoescritura, por iso esta semana comezamos tamén a preparar fichas sobre a atención e agudeza visual.

 

Porta de primaveira

Ola familias! Por fin rematamos a nosa porta de primaveira! Como vedes convertémonos en abelliñas moi fermosas.

E como non, engadimos a Milito, inda que non está, botámolo de menos!

Distribuir contido


by Dr. Radut