Skip to Content

blogue devanesa

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida. 

CELEBRANDO O MAGOSTO

mércores pasado estivemos celebrando unha das festas máis importantes do outono: O magosto.

TALLER O MAR NO CAMIÑO

Hoxe pola mañá, sobre as 11:00 tivemos no cole un taller que leva por título: O MAR NO CAMIÑO. É un proxecto que forma parte do programa, O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e ter por obxecto difundir a cultura mariñeira.

A contacontos narrou o conto das aventuras de Migueliña, a vieira, Laura a xarda, Antón o cangrexo e Roberto o polbo no seu camiño a Santiago de Compostela.

 

RECURSOS VARIADOS PARA O OUTONO E MAGOSTO

A FESTA DE SAMAÍN

 

A semana pasada celebramos no colexio o SAMAIN.

Nas aulas fixeronse distintas actividades relacionadas, entre elas, decoramos as cabazas e tamén as portas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado xoves, Perico, a mascota da biblioteca do noso colexio, veu visitarnos no Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro de tódolos anos.

O primeiro que fixemos foi escoitar a explicación do funcionamento da biblioteca e ver unha adaptación do libro co que traballaremos neste curso, sobre o Camiño de Santiago.

Distribuir contido


by Dr. Radut