Skip to Content

blogue devanesa

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ

O pasado xoves día 28 de xaneiro xuntámonos todos e todas para levar a cabo o acto de conmemoración do DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ.

Este acto tivo lugar no auditorio do colexio.

Previamente, toda a semana, nas distintas aulas fixéronse diversos traballos e actividades en relación a dita conmemoración.

AULA 6. RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE. CURSO 2021-2022

Durante un trimestre lévanse a cabo moitas actividades dentro e fóra dunha aula: compártense momentos cos compañeiros, xestiónanse moitas emocións, apréndense novos contidos, particípase en distintas rutinas que son beneficiosas,descúbrense novas formas de comunicación, introdúcense tarefas que no día a día dan calma, disfrútase das festas, da música, do silencio... e así un montón de cousiñas que vivimos na aula 6 durante o primeiro trimestre e plasmamos neste vídeo resumo.

TAREFAS APRENDEMOS MEDRANDO 1º TRIMESTRE CURSO 21-22

Nesta presentación compartimos imaxes e momentos de algunhas das tarefas nas que estivemos traballando polas tardes no primeiro trimestre o obradoiro APRENDEMOS MEDRANDO.

 

FELICITACIÓN DE NADAL DA ANPA

Desde a ANPA do CEE Miño fannos chegar esta fermosa felicitación de Nadal para toda a comunidade que compartimos con todo o agarimo.

Moitas grazas pola vosa implicación!

VILLANCICO DE NAVIDAD

A comunidade educativa do CEE Miño deséxavos un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS con este vídeo que gravamos entre todos e todas con moitísima ilusión!!!

ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO DÍA 3 DE DECEMBRO

Por aquí vos deixamos o vídeo resumo das actividades que fixemos o pasado venres, 3 de decembro para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Por unha banda Perico apareceu no auditorio para recordarnos que se conmemoraba nesa data e tamén para pedirlle a cada alumna  e alumno a súa credencial e poñerlle o selo correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut