Gallego

Actividade para alumnado de secundaria e bacharelato: Valixa en préstamo

Presentámosvos a valixa en préstamo para os centros escolares encamiñada a que os alumnos comprendan as funcións dun museo e preparen a súa propia exposición sobre Camilo José Cela.
A actividade consiste na xestión, deseño e montaxe dunha exposición sobre o escritor. A idea principal sobre a que se vertebra é o seu perfil literario e artístico, sen deixar de lado os aspectos máis cotiáns e outras facetas menos coñecidas: académico, viaxeiro, senador, pintor, actor, coleccionista, etc. Esta imaxe poliédrica do autor favorece a adaptación da súa figura ás distintas áreas do currículo escolar.
O contido da valixa consiste en un caderno do profesor e outro do alumno que inclúe información sobre qué é un museo, exemplos de museos e exposicións, o dossier da exposición, orientacións de usos e propostas de actividades complementarias; tamén se inclúen reproducións de 55 obxectos orixinais do museo, materiais audiovisuais e carteis sobre a vida e obra de CJC.
A actividade está destinada a alumnos de secundaria e bacharelato e o seu desenvolvemento pode solicitarse durante o curso 2014/2015.

Para recibir máis información poden poñerse en contacto coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela no teléfono 981 81 24 25 ou no email camilinhojosesinho@gmail.com
 

Gallego
Imaxe da actividade valixa en préstamo

Colectivo: 

Sección: 

14 de novembro, Día Mundial da Diabetes

Co gallo da celebración do Día Mundial da Diabetes, a Federación para la Diabetes recorda a importancia de atallar preventivamente esta grave enfermidade na poboación infantil coa promoción dunha vida saudable.

A súa web ofrece información, recursos e boas prácticas que poden servir de exemplo para tratar nos centros de ensino.

 

 

 

 

Gallego
Logo da web de homenaxe ao Día Mundial da Diabetes

Colectivo: 

Sección: 

VI Olimpíada de Xeoloxía - Fase Galega

A VI Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

Prazo de participación: ata o 20 de decembro de 2014.

Para máis información da inscrición visitar o enlace web que aparece máis abaixo.

 

Gallego
Cartel da VI Olimpíada de Xeoloxía - Fase Galega

Sección: 

Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais nas especialidades abertas polo Anuncio do 19 de setembro de 2014

Gallego

Xúntase o Anuncio do 3 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en varias especialidades abertas polo Anuncio do 19 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro).

  • Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015

Gallego

Publícase a continuación a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Tal e como se establece no artigo 10 da Resolución do 20 de maio de 2014 que regula o Plan Proxecta ábrese, a partir de mañá día 11 de novembro, un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2014) para facer reclamacións a esta listaxe provisional ou para renunciar a participar no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Tanto as reclamacións como as renuncias débense facer mediante o modelo de instancia que está accesible abaixo en formato PDF editable.

NOTA: Prégase o envío dunha copia dixital da instancia entregada por rexistro ao seguinte enderezo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es

Tema: 

Sección: 

Olimpíada Científica da Unión Europea

A Real Sociedade de Física, a Real Sociedade Española de Química e a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE), convocan para todos os docentes dos Departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química dos Centros de Educación Secundaria a participar, como Mentores de alumnado, na Olimpíada Científica da Unión Europea 2015 (EUSO 2015).
Consiste nunha competición europea  entre equipos de alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato sobre traballos experimentais de Química, Física e Bioloxía.
Poden participar todo o alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato nados no ano 1998 ou posteriores, matriculados en centros públicos ou privados, con interese nas experiencias científicas de laboratorio (Física, Química e Bioloxía), formando un equipo integrado por tres deles e dirixidos-preparados por un docente da área de Ciencias.
Para rexistrarse nesta edición 2015 é necesario que o docente preparador (Mentor) realice a inscrición na páxina web www.euso.es, antes do 15 de novembro de 2014.
Máis información no enlace web de abaixo.

Gallego
Logo da Olimpíada Científica da Unión Europea 2015

Sección: 

Xornadas AMINO.Gal o 14 de novembro en Vigo

A asociación Abuso e Maltrato Infantil NO organiza estas xornadas o 14 de novembro de 2014 no Auditorio do Centro Cultural Afundación de Vigo.

Pódese descargar o programa no arquivo anexo.

A inscrición está aberta a través do enlace web que aparece abaixo.

 

 

 

 

Gallego
Logo da asociación Abuso e Maltrato Infantil NO

Sección: 

Concurso esdelibro.es

Trátase dun concurso de traballos orixinais de investigación, desenvoltos por estudantes, sobre un tema de interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cine, deportes, filosofía, tecnoloxías, matemáticas....Os traballos poderanse presentar en todas as linguas oficiais de España.
Os traballos presentaranse unicamente en formato dixital en liña.
Está dirixido a estudantes e docentes da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de todas as Comunidades Autónomas de España. Os traballos deben ser realizados en grupo (un mínimo de dous e un máximo de catro estudantes) e sempre deberán ser coordinados por un docente.

Establécense tres premios:

  • Mellor traballo de primeiro ciclo da ESO
  • Mellor traballo de segundo ciclo da ESO
  • Mellor traballo de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio

Premios:

  • Para alumnado:

Unha tableta para cada alumno/a autores dos traballos gañadores.
Un cheque regalo de 60 € para a compra de libros

  • Para docentes:

Unha tableta para cada un dos docentes que coordinaran as investigacións gañadoras.
Un cheque regalo de 100 € para a compra de libros.

  • Para centros:

Un cheque regalo de 300 € para a compra de libros para a biblioteca escolar dos centros gañadores.

  • Entre todos os equipos que presentaran un traballo a concurso realizarase un sorteo de cheques regalo para a compra de libros, un por cada categoría de participación. O cheque regalo será de 30 € para o/a alumno/a e de 90 € para o docente coordinador.

Datas:

  • Prazo de inscrición: do 22 de setembro de 2014 ao 27 de marzo do 2015
  • Prazo de envío dos traballos: finaliza o 20 de abril do 2015
  • Fallo do xurado: maio do 2015

Mais información no enlace web que aparece abaixo.

Gallego
Logo do concurso esdelibro.es

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 31 de outubro de 2014 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2014/15, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 8 de novembro ata o 8 de decembro.
  • Máis información

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Puntuacións definitivas das prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe

Gallego

Xúntase o Anuncio do 23 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos nas listas abertas no corpo de mestres na especialidade de Audición e Linguaxe.

Colectivo: 

Sección: