Día da muller traballadora
Cada 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Confiando en que poida ser útil, o departamento de bibliotecas escolares do CAFI pon á disposición dos centros e docentes enlaces e recursos sobre o tema.

No ANDEL 1: RECURSOS DA ASESORÍA, do departamento de bibliotecas escolares, está a sección RECURSOS DIDÁCTICOS, desde a que se poden descargar dous pdf con información de libros e recursos na rede.
O blogue da Asesoría de bibliotecas escolares, tamén enlazado desde este departamento do CAFI, recolle o traballo de moitas bibliotecas escolares ao redor do tema.
O profesorado pode consultar o catálogo da biblioteca do CAFI, con ligazón desde o mesmo departamento, e solicitar en préstamo os libros catalogados sobre educación e igualdade.
Algúns títulos:
- Unidade didáctica: Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade, do Servizo Galego de Igualdade (2007). descargable desde a rede.
- Inmigración, género y escuela: exploración de los discursos del profesorado y del alumnado, do colectivo IOÉ. Pódese descargar desde a páxina do colectivo IOÉ e desde aulaintercultural.
- Coeducación afectivo-emocional e sexual, do grupo Lúa Crecente, editado por Xunta de Galicia (2008). Tamén descargable.