Día da muller traballadora [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 05/03/2013 - 19:03Cada 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Confiando en que poida ser útil, o departamento de bibliotecas escolares do CAFI pon á disposición dos centros e docentes enlaces e recursos sobre o tema.

No ANDEL 1: RECURSOS DA ASESORÍA, do departamento de bibliotecas escolares [2], está a sección RECURSOS DIDÁCTICOS, desde a que se poden descargar dous pdf con información de libros e recursos na rede.
O blogue da Asesoría de bibliotecas escolares [3], tamén enlazado desde este departamento do CAFI, recolle o traballo de moitas bibliotecas escolares ao redor do tema.
O profesorado pode consultar o catálogo da biblioteca do CAFI, con ligazón desde o mesmo departamento, e solicitar en préstamo os libros catalogados sobre educación e igualdade.
Algúns títulos:
- Unidade didáctica: Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade [4], do Servizo Galego de Igualdade (2007). descargable desde a rede.
- Inmigración, género y escuela: exploración de los discursos del profesorado y del alumnado [5], do colectivo IOÉ. Pódese descargar desde a páxina do colectivo IOÉ [5] e desde aulaintercultural [6].
- Coeducación afectivo-emocional e sexual [7], do grupo Lúa Crecente, editado por Xunta de Galicia (2008). Tamén descargable.


File: