Título node Learning object

Proxecto “Escuelas creativas” da Fundación Telefónica
Lun, 14/11/2016 - 13:38
Cartel do Programa "Escuelas Creativas"

Este proxecto da Fundación Telefónica  acerca a metodoloxía de Ferran Adrià á educación, vai dirixido a toda a comunidade educativa representada polos equipos directivos e os docentes. Esta iniciativa persigue aplicar os procesos de innovación e fomento da creatividade de elBulli ao ámbito escolar.

 

 

 

As solicitudes de participación realízanse a través da web do proxecto e poden ser nas seguintes modalidades:

  • Como docente: ofrécense materiais e recursos para levar a cabo na aula actividades que favorezan a innovación e a creatividade, tanto dos estudantes como dos mestres e mestras.
  • Como centro na modalidade on line: ofrécense materiais e recursos para introducir a innovación na xestión do centro (tempos, espazos, equipo...) de cara a dar resposta a calquera reto que haxa que afrontar.
  • Como centro na modalidade presencial-online: ao igual que a modalidade anterior pero coa diferenza de que nesta modalidade seleccionarase un centro por comunidade autónoma que contará cun apoio maior e que poderá participar en actividades presenciais (encontros con outros participantes, etc.).

En todas estas modalidades, os participantes poderán optar a premios.

Menús Learning object node R