Proxecto “Escuelas creativas” da Fundación Telefónica [1]
Enviado por boletin a Lun, 14/11/2016 - 13:38Este proxecto da Fundación Telefónica acerca a metodoloxía de Ferran Adrià á educación, vai dirixido a toda a comunidade educativa representada polos equipos directivos e os docentes. Esta iniciativa persigue aplicar os procesos de innovación e fomento da creatividade de elBulli ao ámbito escolar.
As solicitudes de participación realízanse a través da web do proxecto e poden ser nas seguintes modalidades:
- Como docente: ofrécense materiais e recursos para levar a cabo na aula actividades que favorezan a innovación e a creatividade, tanto dos estudantes como dos mestres e mestras.
- Como centro na modalidade on line: ofrécense materiais e recursos para introducir a innovación na xestión do centro (tempos, espazos, equipo...) de cara a dar resposta a calquera reto que haxa que afrontar.
- Como centro na modalidade presencial-online: ao igual que a modalidade anterior pero coa diferenza de que nesta modalidade seleccionarase un centro por comunidade autónoma que contará cun apoio maior e que poderá participar en actividades presenciais (encontros con outros participantes, etc.).
En todas estas modalidades, os participantes poderán optar a premios.
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: