Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar

Un alumno ou alumna pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das súas aprendizaxes e na adquisición de obxectivos e competencias por motivos de saúde, por pertenza a determinados grupos sociais ou minorías étnicas, por situacións socioculturais desfavorables, por escolarización desaxustada ou pola combinación de varios dos motivos mencionados.

Entre este alumnado inclúese aquel que presenta un retraso escolar significativo nunha ou en varias áreas ou materias, cun desfase curricular xeral de dous ou máis cursos ou niveis, e este non poida explicarse por necesidades educativas especiais, nin por dificultades específicas de aprendizaxe, nin por incorporación tardía ao sistema educativo.

Entre este alumnado podemos considerar:

  • Alumnado en situación de absentismo, abandono escolar temperán e/ou desescolarización.
  • Alumnado que precisa atención educativa hospitalaria e domiciliaria.
  • Alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal.
  • Alumnado sometido a medidas de protección e tutela.
  • Alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar.
  • Alumnado pertencente a familias itinerantes.
  • Atención educativa a xoves embarazadas.
Protocolo de Atención educativa domiciliaria
27/01/2016 | 10:50
Co obxecto de mellorar a atención a Consellería impulsa, dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 un protocolo para a atención educativa do alumnado que deba...
Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais
06/04/2012 | 13:15
As investigacións arredor do maltrato entre iguais insisten en que a prevención é un aspecto fundamental para acabar con el, e que esa prevención require previamente do...
Alumnado con NEAE por condicións persoais ou de historia escolar
18/12/2011 | 14:54
Un alumno ou alumna pode presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de condicións persoais ou de historia escolar cando manifesta dificultades na evolución das...
A atención educativa hospitalaria e domiciliaria en Galicia
12/12/2011 | 19:22
A atención educativa hospitalaria e/ou domiciliaria terán por finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade...