Skip to Content

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión en Formación Profesional

Hoxe, venres 8 de xullo de 2022, publícanse na páxina web de FP da Xunta de Galicia as listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia:

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes das solicitudes que elixiron o IES Xermán Ancochea como primeira opción.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022.

A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión ou directamente nesta ligazón

- Nota: No tercer arquivo adxunto poden consultar as instrucións para obter o CPC. Necesitaran o código da solicitude (número que figura na parte superior xunto ó código de barras) e o número do seu documento de identidade.

- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición. 

AdxuntoTamaño
Listaxe provisional solicitantes 1º curso de Ciclo medio122.51 KB
Listaxe provisional solicitantes 1º curso de Ciclo Superior124.58 KB
Instrucións consulta CPC641.65 KB


page | by Dr. Radut