Skip to Content

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Convócanxe axudas para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM durante o ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO, durante o curso 2019/2020, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.

c) Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

f) Estar en posesión do DNI ou pasaporte.

SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña» e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de presentación presencial, esta aplicación «en liña» xera un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar debidamente. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 13 de abril de 2020.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONVOCADAS: As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

Quenda

Lugar

Datas

Idioma

Nº de alumnos/as

Curso

CDR A Coruña

16-22 de agosto de 2020

Inglés

100

3º ESO

CDR A Coruña

23-29 de agosto de 2020

Inglés

100

4º ESO

Máis información.



page | by Dr. Radut