Curso 2018-2019

CANDIDATOS ELIXIDOS NAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No seguinte documento tedes a proclamación de candidatos elixidos para formar parte do Consello Escolar que se constituirá o luns 3 de decembro.

 

CONFERENCIA DA PROFESORA ANA SANTOS NA UNIVERSIDADE JULES VERNE DE AMIENS

A profesora de Educación Física Ana Santos, que atópase en Francia cunha bolsa de estudos PIALE, foi invitada a impartir unha conferencia sobre o Proxecto eTwinning ao alumnado do Master en Multilingüísmo e Diversidade da Universidade Jules Verne en Amiens. Pincha na imaxe para ver máis información da noticia.

CONVERSAS NA FERRERÍA: ESTUDANTES DO IES VALLE INCLÁN FRONTE A INVISIBLES

Pincha na imaxe para poder escoitar a entrevista do programa de radio, Conversas na Ferrería de Pontevedra Viva, no que participaron as alumnas de 4º de ESO Carolina Ferro, Cristina Sanz, Carla Gutiérrez, Carmen Castro, Romina Cerdeira, Silvia Martín e Lucía Piña onde compartiron as súas impresións tras ver a obra de teatro Invisibles na que se vivencian sete historias reais de mulleres víctimas da violencia machista.

Fai click nesta ligazón para ver a mensaxe de Sheyla Fariña, unha das actrices da obra, que lles adicou ás alumnas tras escoitar a entrevista en Pontevedra Viva.

Mensaxe de agradecemento de Sheyla Fariña

LISTAXE DEFINITIVA DE CANDIDATOS, HORARIO DE VOTACIÓN E SORTEO DA MESA ELECTORAL DO ALUMNADO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No seguinte documento tedes a listaxe definitiva dos candidatos, o horario de votacións e o sorteo da mesa electoral do alumnado das eleccións ao Consello Escolar do Centro.

 

V MILLA SOLIDARIA CONTRA A DIABETE

O alumnado do IES Valle Inclán participou tanto de voluntarios na organización da carreira como participantes na V Milla Solidaria Contra a Diabete. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

O ALUMNADO DE 4º DE ESO ASISTE Á REPRESENTACIÓN DA OBRA "INVISIBLES"

Este xoves 15 de novembro, o alumnado de 4º de ESO asistiu á representación da obra de teatro "Invisibles" no Teatro Principal pola compañía Redrum Teatro, en coprodución coa Concellería de Igualdade de Pontevedra e o Centro Dramático Galego. A historia  está baseada no libro do mesmo título escrito por Montse Fajardo, e que recolle diferentes vivencias reais de violencia de xénero.

A PROFESORA DE MÚSICA MARÍA DE LOS SANTOS COMPARTE A SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL EN CANADÁ

A profesora de Música do noso centro, María de los Santos Gago, ven de realizar una estancia formativa en Ottawa. A actividade está enmarcada no programa PIALE na modalidade de integración en centros educativos.

O centro que lle foi asignado, a Canterbury High School, é un centro de referencia na capital canadiense no que as artes se refire. O programa de artes abrangue catro especialidades: Música(voz, vento ou corda), teatro, danza e artes visuais .

Durante casi a totalidade da súa estancia no centro estivo asistindo ás clases de música na modalidade vocal co profesor James Caswell. Deste xeito puido ampliar os seus coñecementos sobre a materia de música( fundamentalmente no que a o traballo da voz e a construcción do coro se refire), nun contexto de inmersión lingüística en lingua inglesa.

A profesora destaca a extraordinaria profesionalidade e xenerosidade do profesor James Caswell que contribuiu enormemente para que o seu paso pola escola fose de proveito.

Como parte do plan de difusión da actividade estará a creación de dous blogues, un en galego para o profesorado e outro en inglés para o alumnado nos que se dará conta dun xeito máis detallado da experiencia.

Destaca, por último, a calidade destes programas, que constitúen un auténtico revulsivo para o desempeño da labor docente a todos os niveis. 

Nas seguintes imaxes están o seu centro o Canterbury High School, a aula do programa vocal, unha fotografía de Ottawa coa catedral de Notre-Dame á dereita e a National Gallery á esquerda e a recepción na embaixada española.

 

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL E CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No seguinte documento tedes a acta do sorteo de membros da Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do curso 2018-2019, a constitución da propia Xunta e a publicación do Calendario das eleccións ao Consello Escolar. O prazo de presentación de candidaturas é dende o xoves 8 ata o mércores 14 de novembro inclusive.

CONFERENCIA DO COORDINADOR DAS ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Este mércores 7 de novembro o Coordinador do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo Horacio Díez Contreras impartiu unha conferencia no paraninfo do Centro ao alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato que participa no Programa. Horacio Díez Contreras é tamén empresario, consultor de comunicación e socio e director de Iuventia. Pincha na ligazón para ver o anuncio da conferencia publicado na Voz de Galicia e na imaxe para ver máis fotografías.

Artigo do anuncio da conferencia publicado na edición dixital da Voz de Galicia

 

PLANS DE RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES DO CURSO 2018-2019

Na barra lateral dereita da páxina web no apartado de departamentos tedes os plans de recuperación de materias pendentes do curso 2018-2019 separados por departamento. Tamén tedes nesta táboa a ligazón a todos os documentos.

DEPARTAMENTOS

 

 

Bioloxía e Xeoloxía

 

Debuxo Física e Química Francés

 

C.Clásica

 

Inglés Latín  Lingua Castelá

 

Lingua Galega

 

Matemáticas Tecnoloxía Xeografía e Historia

 

Música

 

     

TEMPO DE MAGOSTOS

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATOS ESPERPÉNTICOS

Este luns 29 de outubro tivo lugar o acto de entrega de premios do Terceiro Concurso de Relatos Esperpénticos organizado polo departamento de Lingua Castelá. Lucía Armada Gallego, Rodrígo González Mantutano e Irene Rodríguez Ríos de 1ºBach.B exerceron de presentadores, Pablo Lorenzo de 1ºBach.C interpretou co violín "O canon de Pachelbel", e Candela Lope e Noelia Lois de 1ºBach.C dramatizaron Luces de Bohemia. Os galardóns foron entregados pola Presidenta da ANPA, a Directora do Centro e o profesor Daniel Mejuto. Nesta edición os premiados son:

1º PREMIO LINGUA GALEGA CATEGORÍA C

PILAR GARNELO HERMIDA (1ºESO C) por "UN DÍA DE VERÁN"

2º PREMIO LINGUA GALEGA CATEGORÍA C

CAMINO REBOREDA SAMBLÁS (1ºESO C) por  "A HISTORIA DE CLARA"

1º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA C

ANTÍA GONZÁLEZ ARIAS (1ºESO A) por "LA AVENTURA DE MAYA Y SU COBAYA"

2º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA C

BELÉN PAZOS TOMÁS (2ºESO D) por  "LOS MONSTRUOS SIGUEN AHÍ"

1º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA B

CARMEN CASTRO TEJEIRO (4ºESO A) por "PANTALLAS"

2º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA B

BEATRIZ GARCÍA GALLEGO (4ºESO D) por  "ES POR SU BIEN"

1º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA A

PABLO LORENZO MEZQUITA (1ºBACH C) por "CAMBIO DE LUCES"

2º PREMIO LINGUA CASTELÁ CATEGORÍA A

EVA ORTEGA ANTONIO (1ºBACH C) por "EL MONSTRUO HUESUDO"

 

Pincha na fotografía dos premiados para ver máis imaxes do acto.

 

FELICITACIÓN DA CONSELLERÍA POLA OBTENCIÓN DO SELO DE CALIDADE EUROPEO eTwinning OTORGADO POLA COMISIÓN EUROPEA

Na imaxe inferior amósase a felicitación recibida da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional Dna. Carmen Pomar Tojo, pola obtención do Selo de Calidade Europeo eTwinning concedido pola Comisión Europea en recoñecemento polo traballo desenvolvido no programa europeo Erasmus+:"Yes Young European in Sports". 

O TEATRO DO ALUMNADO VOLVE AO VALLE

Como todos os anos volve o grupo de teatro do IES Valle Inclán SKENE. Comeza o luns 29 de outubro de 18:20 a 19:30 e a matrícula realizarase o primeiro día da actividade.

O VALLE INCLÁN MULTIPLICA POR SEIS A CIFRA DE EMBAIXADORES DO PARLAMENTO EUROPEO

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra sobre o programa de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo que se desenvolve no noso Centro.

Distribuir contido