Esquema de temas
Curso 2023-24
XOGOS INTERACTIVOS PARA AS TITORÍAS
A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que pretende dar a coñecer e dar voz ás mulleres do municipio. Queremos presentarvos e pór ao voso dispor unha serie de recursos lúdicos, que creamos ao redor do proxecto e que pensamos, poden ser de interese para tratar nas aulas.
Trátase de catro xogos interactivos realizados coa ferramenta genial.ly, pensados para a mocidade de Pontevedra, todos eles centrados na historia e na memoria das mulleres pontevedresas:
Tedes recursos para traballar a igualdade nas aulas na ligazón ao seguinte blog:
TEATRO O DÍA 18 DE ABRIL DE 2024- PODEDES DESCARGAR A OBRA E A UNIDADE DIDÁCTICA NA SEGUINTE LIGAZÓN:
Brokeback Sabucedo paixón entre bestas
8M
8 de marzo 2024
O próximo venres 8 de marzo faremos unha exposición na entrada do insti coas imaxes que nos pasedes, Animádevos a participar!!
Fotografía feita pola profesora Andrea López Iglesias do Departamento de EPV
O pasado 26 de febreiro a alumnada Martiña Riobó Touriño elaborou e
leu no pleno municipal o manifesto para o 8M en representación do
Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.Prema nas seguintes ligazóns para ler a noticia:
Descarga aquí o Manifesto feminista 8M 2024.
ESTUDO DAS NOTAS MEDIAS DO ALUMNADO DE CUARTO DA ESO SEPARADO POR MATERIAS E POR SEXOS.
Pincha aquí para entrar na web sobre a valoración do traballo de mulleres e homes a nivel mundial.
ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O 8M
Lectura manifesto 8M e poema Recollendo o relevo por Elisabete Oliveira.
- Este tema
11 OUTUBRO DÍA DAS NENAS
Pegada de carteis no panel de Igualdade o 11 de outubro de 2023
Alumnas finalistas do concurso #nosdueleatodos coa sua curta “No viene de golpe” que podedes visualizar na seguinte ligazón:
25N
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Esta obra terá lugar o 18 de decembro de 2023 ás 10:30h para o alumnado de 1ºBach.
Pincha na seguinte ligazón para acceder ao Dossier
Video conxunto de tódolos Equipos de Igualdade dos IES de Pontevedra das Frechas Violetas
RECURSOS AUDIOVISUAIS E LITERARIOS
Este espazo serve para propoñer e recomendar recursos audioviduais e lecturas de interese para toda a comunidade escolar.
A recomendación para o mes de febreiro:
Lectura: “Xoan Xoana” de Francisco Castro, XIX Premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”.
"Francisco Castro nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia."
A recomendación para o mes de marzo:
Película: "La costilla de Adán"
É unha película estadounidense de 1949 dirixida por George Cukor e con Katharine Hepburn e Spencer Tracy como actores principales. É unha comedia áxil e entretida que funciona como unha alegación feminista. Pon en relevo a dobre moral patriarcal e o trato privilexiado que na práctica concedíase nos tribunais de moitos países ao marido que "defende a súa honra" asasinando á súa esposa infiel.
Lectura: "22 segundos" de Eva Mejuto
"Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela " 22 segundos " é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017)."
Esperamos que vos gusten!
As recomendacións para o mes de abril:
Película: “Te doy mis ojos”
Una noche de invierno, Pilar sale huyendo de su casa llevándose consigo apenas cuatro cosas y a su hijo Juan. Pilar se escapa de Antonio, un marido que la maltrata y con el que lleva casada 9 años. Antonio no tarda en ir a buscarla ya que según él: Pilar 'le ha dado sus ojos'.
Libro: "Invisibles"
'Invisibles' recolle oito casos reais de malos tratos cos que se pretende poñer o foco na invisibilidade das mulleres que son víctimas e na onda expansiva que os malos tratos provoca e que afecta, principalmente, á descendencia da parella.
EXPOSICIÓNS
Mulleres en Vanguardia no Museo Reina Sofía de Madrid
Maruja Mayo "La verbena 1927"
Ángeles santos "La Tertulia" 1929 Delhy Tejero "Brujas con candiles " 1932