Curso 2018-2019

O CENTRO RECIBE O SELO DE CALIDADE EUROPEO POLO TRABALLO REALIZADO NO PROXECTO "YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS" COORDINADO POLA PROFESORA ANA SANTOS

O IES Valle Inclán foi galardoado co Selo de Calidade Europeo polo excelente traballo realizado no proxecto "YES Young European in Sports" desenvolvido nos cursos 2016-2017 e 2017-2018 coordinado pola profesora de Educación Física Ana Santos Solla, polo que o traballo da coordinadora, o alumnado e o Centro é recoñecido ao máis alto nivel europeo e recibe o certificado que  se amosa a continuación.

 

PLAN LECTOR IES VALLE INCLÁN CURSO 2018-2019

Neste documento tedes o plan lector do IES Valle Inclán para o curso 2018-2019.

Plan Lector 2018-2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

O alumnado de 3º de ESO A e C acompañado polo profesorado de Bioloxía e Educación Física, participou na actividade "O sabor da aventura está no mar" que tivo lugar en Campelo, onde poideron aprender o proceso do marisqueo e de selección da ameixa, as diferenzas da japónica e a fina e coñecer a lonxa. Pincha na imaxe para ver máis fotografías da saída.

 

IGNACIO TOUZA UN PROFE QUE MARCA CAMIÑO

Pincha na ligazón para ver a mención dedicada no Diario de Pontevedra ao profesor de Matemáticas do noso Centro José Ignacio Touza Prieto.

Artigo Ignacio Touza Edición Dixital Diario de Pontevedra

ENTREVISTA NA PRENSA AO ALUMNADO GAÑADOR DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CARLOS BEN E LARA SANMARTÍN ONDE DESTACAN A LABOR DO SEU PROFESOR DE MATEMÁTICAS IGNACIO TOUZA

Pincha nas seguintes imaxes para ver as entrevistas publicadas no Diario de Pontevedra  e no Faro de Vigo ao alumnado gañador dos Premios Extraordinarios de Bacharelato: Carlos Ben Arribí e Lara San Martín Suárez onde destacan o traballo do seu profesor de Matemáticas Ignacio Touza.


BLOG DO PROGRAMA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Tedes toda a información sobre o desenvolvemento do programa Escola Embaixadora do Parlamento Europeo no noso Centro na seguinte ligazón:

Blog IES Valle Inclán Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

GRAN COLABORACIÓN DO ALUMNADO COMO VOLUNTARIADO NA MEDIA MARATÓN DE PONTEVEDRA

O domingo pasado celebrouse a XXIII edición da media maratón de Pontevedra 2018 e o alumnado do IES Valle Inclán tivo unha importante labor como voluntariado mostrando así a súa solidariedade con este tipo de eventos. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

COMEZARON AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO: VIDEOCONFERENCIA DE GONZALO DE MENDOZA ASENSI, ASESOR DE ANTONIO TAJANI, PRESIDENTE DO PARLAMENTO EUROPEO

O pasado venres 19 de outubro o alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato participante no programa "Escola embaixadora do Parlamento Europeo" coordinado pola profesora de Educación Física Ana Santos Solla, tivo unha videoconferencia con Gonzalo de Mendoza Asensi, asesor do Presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani na que tamén participaron María José Izquierdo, Secretaria do Presidente e Federica Mogherini, Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores. 

Gonzalo de Mendoza resaltou algunhas das funcións máis importantes do Parlamento Europeo: representar a máis de 500 millóns de habitantes de todo o continente, desenvolver e continuar a consolidación da democracia en toda Europa, velar polos dereitos, a seguridade, a saúde e o intercambio comercial da cidadanía en todos os países membros. Pola súa parte o alumnado expúsolle cuestións como cales son as funcións do gabinete no que desenvolve o seu labor, por que hai crisis económica na UE e como se pode solucionar, que pode ocurrir co Brexit e si este é extensible a España, que papel ten España en Europa e como afrontar o preocupante fenómeno da emigración.

As actividades do Programa continuarán coa visita ao noso Centro de políticos, expertos e profesionais relacionados co ámbito da Unión Europea que ofrecerán información ao alumnado sobre a máxima Administración en Europa.

Pincha na ligazón para ver a noticia publicada na Voz de Galicia ou na imaxe para ver máis fotografías da videoconferencia.

Noticia publicada na edición dixital da Voz de Galicia do 20 de Outubro

 

HORARIO DE TITORÍAS 2018-2019

Pinchando na imaxe adxunta tedes o horario de titorías do IES Valle Inclán do curso 2018-2019. Esta información estará tamén dispoñible na barra lateral esquerda no apartado de Xefatura de Estudos.

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ERRADICACIÓN DA POBREZA NA BIBLIOTECA DO CENTRO

A biblioteca do IES Valle Inclán, na celebración do Día Mundial da Erradicación da Pobreza (17 de Outubro), decidiu colaborar coa Asociación Boa Vida de Pontevedra para dar a coñecer o traballo que leva a cabo e que ten que ver coa mellora das condicións de vida dos mais desfavorecidos da nosa sociedade. Para iso expóñense, durante estas dúas últimas semanas do mes, diferentes carteis e trípticos que achegan información sobre a mesma. Na seguinte ligazón tedes a páxina de facebook da asociación na que se poden ver algunhas fotos feitas na biblioteca.

Páxina facebook Asociación Boa Vida Pontevedra

 

HORARIOS DOS GRUPOS 2018-2019

Pinchando na seguinte imaxe tedes os horarios e o profesorado de todos os grupos do IES Valle Inclán do curso 2018-2019. Os últimos 4 grupos son de ensinanzas de adultos.

 

BENVIDA DA BIBLIOTECA CURSO 2018-2019. LIBROS DE NOVA ADQUISICIÓN DO TRIMESTRE

Benvidos á biblioteca do do IES Valle Inclán. Comezamos o curso 2018-2019. Aquí tedes os libros de nova adquisición deste trimestre. As portas están abertas, agardámosvos. Pincha na imaxe do libro para ver o resto das novidades.

 
 
 

GRAN PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA II MARCHA CONTRA O CANCRO DE PONTEVEDRA

O pasado domingo 7 de outubro tivo lugar a II Marcha contra o cancro organizada pola AECC (Asociación española contra o cancro) cun percorrido de 5 kilómetros polas rúas da cidade e nela participou moito alumnado tanto como corredores como voluntarios na organización. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías da profesora Ana Santos publicadas no blog de Educación Física.

 

CARLOS BEN ARRIBÍ E LARA SAN MARTÍN SUÁREZ PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2017-2018

No DOG de hoxe, xoves 4 de outubro publicouse a concesión dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2017-2018 na que os nosos alumnos Carlos Ben Arribí e Lara San Martín Suárez foron premiados. Dos vinte premios concedidos en Galicia, o IES Valle Inclán xunto co CPR Manuel Peleteiro de Santiago foron os únicos con dous alumnos premiados. Este ano presentaronse 619 alumnos que tiñan unha media superior a 8,75 no Bacharelato. Parabéns e Noraboa a Carlos e Lara. Na foto inferior están coa profesora de Matemáticas Teresa Insua e outros compañeiros e foi tomada cando recibiron unha mención honorífica na Olimpiada de Matemáticas.

 

PROGRAMA STEM GIRL: CONFERENCIA DE MONTSERRAT GUARDIA (DIRECTORA DE SERVIZOS DIXITAIS DO BANCO SABADELL) AO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO DE CIENCIAS

O pasado venres, 28 de outubro, tivo lugar no paraninfo do Instituto unha charla dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias dentro do programa GIRL-STEM para promocionar o estudo das carreiras científico-técnicas entre as alumnas. A charla foi impartida por Montserrat Guardia (Directora de Servicios Dixitais do Banco Sabadell) e rematou cun interesante coloquio do que amosamos unha pequena parte neste vídeo.

 

Distribuir contido