Curso 2021-2022

DESPOIS DE TRES CURSOS DE PANDEMIA POIDEMOS CELEBRAR A XUBILACIÓN DO PROFESORADO

Despois de tres anos de pandemia poidemos celebrar a xubilación do profesorado do Centro. Nestes últimos cursos xubiláronse:

José Benito Andrade González (profesor de Bioloxía e Xeoloxía)

Isidro Cortizo del Río (profesor de Debuxo)

Manuel Lastra Galiano (profesor de Lingua Galega e Literatura)

Ana Mª Santos Solla (profesora de Educación Física)

Charo Valcárcel Mato (profesora de Lingua Galega e Literatura)

Fátima Cobas Gamallo (profesora de Lingua Castelá e Literatura)

Enrique Giménez Escribano (profesor de Matemáticas)

Josefa Sequeiros Loira (profesora de Inglés)

Josefa Bargiela Lemos (profesora de Bioloxía e Xeoloxía)

Pablo Casais Rodríguez (profesor de Xeografía e Historia)

Javier Domínguez Álvarez (profesor de Xeografía e Historia)

José Manuel García Amor (profesor de Matemáticas)

Teresa Insua Franco (profesora de Matemáticas)

Mabel Peña Gil (profesora de Economía)

Parabéns a todos eles, o noso agradecemento polo seu traballo e compromiso e moita sorte nesta bonita etapa que agora comezan. Picade na imaxe para ver todas as fotografías.

ACTO AO RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA USC ABAU 2022

O pasado xoves 23 de xuño celebrouse en Santiago o acto de recoñecemento aos mellores expedientes dos centros de ensino medio de Galicia (Acadaron unha nota superior a 9 na fase xeral da ABAU). Polo noso centro obtivo esta distinción o seguinte alumnado:

Javier Carballal Morgade, Manuel Carrascal Prado, Sara Castro López, Sara Fernández Maquieira, Paula García Fernández, Iván García González, Paula Riveiro Vázquez e Iria Turnes Sánchez. 

Parabéns a todos eles. Podedes velos no seguinte vídeo do acto a partir do momento 1:12: 25.

 

MÁIS COLABORACIÓN DA ESCOLA DE RESTAURACIÓN

A Escola de Restauración vai restaurar para poñer en valor tres pezas do Centro (unha crucifixión e dúas figuras dos apóstoles Santiago e Andrés) que posiblemente foron utilizadas como modelos de debuxo e que son copias de parte do Retablo do sepulcro de Juan de Padilla que hoxe consérvase no museo de Burgos e que se atopaba no xa desaparecido Monasterio de Fresdelval en Burgos. Na fotografía podemos ver á directora da Escola de Restauración Carmen Lorenzo con dous alumnos de 3º de ESO Teo Rivero e Héctor Torres e o director do Instituto Francisco Suárez Benito que sosteñen as pezas.

 

O ALUMNO DE 2º DE BACHARELATO JAVIER CARBALLAL MORGADE ENTRE OS MELLORES DA ABAU EN PONTEVEDRA

Pica na fotografía para ver o artigo publicado na Voz de Galicia sobre o alumnado con mellores notas na ABAU nos institutos de Pontevedra, que no noso Centro foi Javier Carballal Morgade.

 

I CONCURSO DE RECITADO POÉTICO EN INGLÉS

O venres 17 de Xuño tivo lugar na biblioteca do centro o I Concurso de recitado poético en inglés.

A actividade supuxo unha oportunidade para a mellora das destrezas orais do alumnado na primeira lingua estranxeira así coma para desenvolver a súa creatividade.

A actividade coordinada polo equipo de profesoras da Sección Bilingüe de Música e estivo dirixida a todo o alumnado de 2º ESO.

Os participantes recitaron de memoria dous poemas, un obrigatorio e outro elixido por eles entre outros cinco propostos.

O xurado estivo integrado polas profesoras Mercedes Barrientos, Begoña Soneira e María de los Santos. A profesora Elba Abalo exerceu de apuntadora .

As alumnas premiadas que podedes ver na fotografia coa profesora de Música María de los Santos e o director do Centro Francisco Suárez foron:

1º-Premio: Ariadna Millán Moya

2º-Premio: Berta Moldes Caramés

3º-Premio: Carmen Fariña Martínez

4ª -Premio: Laura Loureiro Freire

 

Pica na seguinte imaxe para ver os dous vídeos da recitación de poemas da alumna gañadora Ariadna Millán: "Guest house" de Jalaluddin Rumi"When I am dead my dearest" de Christina Rossetti.

 

OS ENXEÑEIROS INFORMÁTICOS E EX-ALUMNOS DO CENTRO SANTIAGO MUNÍN E IAGO LASTRA COMPARTIRON CO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO A SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL E ACADÉMICA

Os enxeñeiros informáticos e ex-alumnos do Centro Santiago Munín (traballa en google en Zurich) e Iago Lastra (traballa para unha empresa americana de tarxetas de crédito) compartiron co alumnado de 2º de Bacharelato a súa experiencia profesional e académica relacionada coa carreira de Enxeñaría Informática.

 

ENCONTRO CO QUE FOI PROFESOR DE FILOSOFÍA DO CENTRO RAMÓN REGUEIRA

O pasado mes de maio visitounos o que foi durante 25 anos profesor do Centro, o catedrático de Filosofía Ramón Regueira para ter un encontro con alumnado da facultade de Filosofía. Ramón Regueira foi director do Centro e un dos fundadores da Aula Castelao que organiza as Semanas de Filosofía e cuxos fondos custodia o IES Valle Inclán. Na fotografía inferior podemos velo co Director do Instituto Francisco Xosé Suárez.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ORGANIZADA POLA ANPA AO PARQUE ACUÁTICO DE AMARANTE

Pica na imaxe para ver toda a información da excursión de fin de curso organizada pola ANPA a Amarante.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE IDENTIDADES NOTABLES ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO

Como o curso pasado o departamento de Matemáticas organizou o concurso de identidades notables para o alumnado de 2º de ESO. Tiveron que responder un cuestionario de 50 preguntas e a gañadora foi Nuria Blanco Martínez con 47 acertos, en segundo lugar quedou Daniel Rodríguez Sas con 46 e en 3º empatadas Olivia Gómez Seoane e Sara Martínez Gómez con 45, o quinto premio foi para Carmen Boullosa Conde con 44 e os diplomas foron para 8 alumnos empatados con 43: Raquel Esteban Espiñeira, Carmen Fariña Martínez, Julieta Ferradás Lens, Pablo González Gómez, Roi González Gómez, Hugo Guimeráns Vicente, María del Carmen Padín Guerrero e Jacobo Sueiro Teijeiro. No concurso por clases a gañadora foi 2ºESO B. Os premios foron entregados polo director do Centro Francisco Xosé Suárez, as profesoras de Matemáticas María Noguerol e Marta Vidal e a titora de 2ºESO B Lourdes Costas. Noraboa a todos os participantes e aos premiad@s.

Pica na imaxe da gañadora para ver todas as fotografías.

CARTAS DE INVERNO E CHAMÁDEME SIMBAD EN BANDA DESEÑADA POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO A E B

Estas semanas a rapazada de primeiro da ESO A e B agasalláronnos cun marabilloso traballo. Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz e Chamádeme Simbad De Francisco Castro xa contan cunha bonita escolma de banda deseñada. 

Pica na imaxe seguinte para ver o vídeo.

O ALUMNO DE 1º DE ESO MATEO BUDIÑO RODRÍGUEZ ACADA O PREMIO DE XÓVENES INVESTIGADORES DE PONTECIENCIA

O alumno de 1ºESO C Mateo Budiño Rodríguez acadou o premio de Xóvenes Investigadores de Ponteciencia polo seu traballo persoal de investigación relacionado coa frase "Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa". Parabéns Mateo.

Pica na imaxe para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

Aquí tedes unhas primeiras fotos do acto de graduación de 2º de Bacharelato, cando aínda se escoitan algúns berros polos corredores do Centro. Noraboa aos organizadores do acto e a todo o alumnado, moita sorte na ABAU.

Pica na seguinte imaxe para ver máis fotografías e  un pequeno vídeo dunha das actuacións musicais do acto.

 

O ALUMNADO DE 3º DE ESO VISITA O LOCAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 3º de ESO visitou ao longo deste mes o Local de Música do Concello de Pontevedra.

Unha vez alí, Marcos Rodríguez, ex-alumno do centro e un dos responsables da xestión deste espazo, lles informou do funcionamento deste servizo especialmente dirixido á mocidade. 

Tras a charla tiveron a oportunidade de explorar as instalacións que contan con diversas salas equipadas con instrumentos e equipos de son e grabación.

Pica na imaxe para ver ou descargar as fotografías da visita.

AGORA TOCOULLE O RAFTING AO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO tamén poido disfrutar do rafting polo río Miño e unha actividade de orientación nunha doble xornada deportiva organizada polo departamento de Educación Física e coordinada pola empresa adicada a actividades de aventura Arrepions. Pica na imaxe para ver ou descargar todas as fotografías.

Distribuir contido