Curso 2010-2011
Parabéns
Enviado por Anónimo o Sáb, 16/07/2011 - 13:38A prensa do día 16/01/2011 recolle a noticia do premio á mellor atleta veterana española outorgado á profesora Mª Jesús Sanguos Espiña na gala do atletismo celebrada na sede do Comité Olímpico Español. As nosas felicitacións.
Novidade. 13/07/2011. Un novo éxito de Chus. Nos Mundiais de Veteranos de Atletismo que se están a celebrar en Sacramento (Estados Unidos) conseguiu xa unha medalla de ouro, seguro que non será a última.
Xubilacións 2011
Enviado por Anónimo o Xov, 30/06/2011 - 08:31Despois dunha extensa e apaixonada vida docente dedicada a formar sucesivas promocións de adolescentes chegoulles a hora da xubilación aos nosos compañeiros Mª Luz Lago Calvo, Francisco Lozano Varela e Mercedes Villarino Díaz-Jiménez. Aos tres a nosa felicitación e mellores desexos nesta nova etapa das súas vidas. (máis fotos)
Viaxe 4º ESO
Enviado por Anónimo o Lun, 27/06/2011 - 04:45Unha boa parte do alumnado de 4º de ESO celebrou a fin da etapa cunha viaxe por Asturias e Cantabria. Nesta foto pódense ver todos en Covadonga. Pinchade aquí para ver moitas máis fotos.
Parabéns
Enviado por Anónimo o Mér, 22/06/2011 - 17:16As nosas felicitacións á alumna Carme Eyo Conde que acadou o 2º premio no XXVII Certame de poesia "María Soliño" na categoría de alumnado de ESO.
Fin de curso
Enviado por Anónimo o Mér, 01/06/2011 - 11:31Un ano máis, ímonos achegando á fin de curso e unha nova promoción de alumnos abandona o instituto. O día 20 de maio celebrárono cun acto académico no centro, que se iniciou cun discurso do director ao que contestaron un alumno e mais unha alumna, houbo logo diversas actuacións musicais e teatrais e finalizou coa entrega a todo o alumnado da insignia do centro por parte dos seus titores; despois tivo lugar a cea "oficial", na que os acompañaron boa parte dos profesores do centro. Pero a noite foi moito máis longa... (máis fotos)
Certame musical "Ben veñas, maio"
Enviado por Anónimo o Mér, 11/05/2011 - 07:43
O pasado trinta de abril celebrouse no Pazo da Cultura a XI edición do certame musical "Ben veñas, maio".
Aínda que ningún dos grupos estaba formado integramente por alumnos do Valle Inclán, a participación do
centro foi moi ampla, igual que os premios acadados:
O 1º posto foi para o grupo "Os Loureiros" , con Laura Solla Gómez de 2º A á guitarra.
O 2º premio levouno o grupo "Lysergic Project" con Nicolás Rodríguez Gómez de 2º D á batería.
O 3º premio conseguírono "Os máis ghordos da festa", con Ana Alonso Crego de 2º D como vocalista e
Jimena Andión García de 2º D (chelo) e David González Vázquez de 2º B (guitarra).
Presentaron o evento Atenea Martínez (1º D) e Márta Rózpide (1º A).
Noraboa para todos e agardamos que para o ano que vén vos animedes a participar moitos máis.
Traballos de tecnoloxía.
Enviado por Anónimo o Lun, 09/05/2011 - 16:43Aquí tedes dúas mostras dos traballos realizados polo alumnado de 2º A e 2º C ao longo do curso. Na semana do 13 ao 17 de xuño estarán expostos para que todos os poidades ver de preto. (máis fotos)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »