Curso 2018-2019

MOI BOA PORCENTAXE DE APROBADOS DO IES VALLE INCLÁN NAS ABAU

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Valle Inclán acadou unha moi boa porcentaxe de aprobados nas probas ABAU 2019: 87 aprobados de 88 alumnos presentados de estudos diúrnos. Noraboa a todos eles e desexamoslles moita sorte no seu futuro académico e profesional.

XUBILACIÓNS PROFESORADO IES VALLE INCLÁN CURSO 2018-2019

Este curso académico 2018-2019 xubiláronse os profesores de Matemáticas Abelardo López Rodríguez e Ignacio Touza Prieto, a profesora de Inglés Charo García Benavides, a profesora de Pedagoxía Terapeútica Elvira Raposeiras Correa, o profesor de Filosofía Alfonso Sola Limia, o profesor de Bioloxía e Xeoloxía Benito Andrade González e o profesor de Lingua e Literatura Castelá Eduardo Cid Sánchez. Agradecemos o seu traballo ao longo de tantos anos e desexámoslles o mellor nesta nova etapa da vida que comezan.

 

REPRESENTACIÓN DA OBRA MORTOS COA RISA DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES ARGALLADA

O pasado xoves 27 de xuño ás 21:00 horas no teatro Principal abarrotado de público o grupo de teatro de profesores do IES Valle Inclán Argallada representou con gran éxito a obra Mortos coa risa. Noraboa e parabéns a todo o grupo.

EXCURSIÓN ASTURIAS CANTABRIA ALUMNADO 4ºESO

Como todos os anos o alumnado de 4º ESO vén de realizar a excursión a Asturias e Cantabria. Do 20 ao 24 de xuño  visitaron a praia das Catedrais, Cudillero, Covadonga, Santillana del Mar, as neocovas de Altamira e Oviedo. Tamén fixeron rutas polos Lagos de Covadonga e realizaron diversas actividades na natureza como o descenso do Sella en canoa, barranquismo, espeleoloxía e paintball. Pinchade na imaxe para ver máis fotografías.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO 2019 "LE FRANÇAIS C´EST..."

Na semana da Francofonía o alumnado de 2º de ESO fixo carteis explicando as razóns de porqué lles gustaba o francés. O premio foi unha taza personalizada e os gañadores foron:

Álvaro Castro Calvo de 2ºESO B

Carlota Montes e Clara Silvares Morat de 2ºESO D

 

DATAS MATRÍCULA CURSO 2019-2020

EXAMES DELF 2019

Como estes últimos anos o alumnado do IES Valle Inclán acadou uns magníficos resultados nos exames DELF do Ministerio de Educación Frances nos niveles B1 e B2 (intermedio e avanzado). Estas probas non caducan e son válidas internacionalmente. Na seguinte fotografía vemos algúns dos alumnos que aprobaron este curso, pertencen a 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

 

CLASE DE POESÍA E ARTE POÉTICA DO PROFESOR UNIVERSITARIO E POETA MIGUEL D´ORS

O pasado mércores 19 de xuño Miguel d´Ors, galego de nacimento, poeta e profesor universitario impartiu ao alumnado de 3ºESO A unha clase maxistral sobre poesía e arte poética. Asi mesmo leu e comentou algúns dos seus poemas.

 

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

O pasado venres 14 de xuño o alumnado de 3º de ESO visitou o Parque arqueolóxico de Campolameiro, ao longo da saída poideron ver, coñecer como se realizaron, e interpretar diferentes petroglifos da Ídade de Bronce. Tamén visitaron unha reproducción dun poblado da época e aprenderon a tirar lanzas con propulsores prehistóricos. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías da visita.

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS E SUPLENTES ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS ALUMNADO 2019

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e suplentes das actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado 2019. Podense consultar na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasle ou nas seguintes ligazóns:

Listaxe 1ºESO

Listaxe 2ºESO

Listaxe 3ºESO

Listaxe 4ºESO

Listaxe 1ºBACH

Listaxe 2ºBACH

AS ALUMNAS SILVIA SALGUEIRO, LUCÍA ÁLVAREZ E SORAYA ADÁN GAÑADORAS DOS PREMIOS DO PROGRAMA EDUCACIÓN CÍVICA-TRIBUTARIA NA MODALIDADE DE REDACCIÓN E SOFÍA ÁLVAREZ E MARÍA GAMALLO NA MODALIDADE DE RECURSOS AUDIOVISUAIS

As alumnas de 1º de Bacharelato Silvia Salgueiro Iglesias e Lucía Álvarez Amoedo e a alumna de 4º de ESO Soraya Adán Es-Salehy resultaron gañadoras do premio do Programa de Educación Cívica-Tributaria organizado pola Axencia Tributaria de Pontevedra na modalidade de redacción, e Sofía Álvarez Álvarez e María Gamallo Martínez de 1º de Bacharelato obtiveron o  premio na modalidade de recursos audiovisuais.

 

Este programa busca concienciar aos escolares na importancia dos impostos no financiamento dos servicios públicos que disfrutamos, e o papel da Axencia Tributaria en devandito proceso.

Unha parte do premio foi unha visita a unha embarcación do Servizo de Vixilancia Aduaneira do porto de Marín. Pincha na imaxe dos premiados na lancha para ver a información publicada na edición dixital do Faro de Vigo, na ligazón inferior para ver a noticia en Pontevedra Viva e no vídeo para ver o traballo da alumna María Gamallo. Tamén tedes máis fotografías se pinchades na imaxe superior.

Información publicada en Pontevedra Viva o mércores 5 de maio

 Vídeo gañador alumna María Gamallo Martínez

 

 Cartel gañador alumna Sofía Álvarez Álvarez

EXPOSICIÓN SEMANA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN STRATFORD-UPON-AVON (INGLATERRA)

O alumnado de 4º de ESO que realizou un curso de inmersión lingüística en Stratford-Upon-Avon, cidade natal e residencia habitual de William Shakespeare, fixeron unha exposición no hall do Instituto, na que explican o aprendido sobre a relación tan estreita entre esta cidade e o gran poeta e dramaturgo.

 

 

CRECE LIXEIRAMENTE O NÚMERO DE ALUMNOS QUE APROBAN BACHARELATO EN PONTEVEDRA

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia, no que aparecen moitas fotos do alumnado de 2º de Bacharelato na previa do acto de graduación no Instituto.

ACTO DE GRADUACIÓN 2º DE BACHARELATO

Onte, xoves 30 de maio, tivo lugar o acto de graduación de 2º de Bacharelato no Pazo da Cultura. Foi o momento de lembranzas, discursos, actuacións marabillosas, entrega de insignias e distincións de honra que convertiron o evento nunha celebración moi emotiva. Parabéns a todo o alumnado, moita sorte e agardamos as vosas visitas para seguir compartindo o camiño. Pincha na primeira imaxe para ver máis fotografías.

Distribuir contido