Skip to Content

A (des)memoria nas aulas

Este sábado 30 de abril, celebráronse no antigo edificio da Delegación de Educación en Pontevedra, as Xornadas chamadas "A (des)memoria nas aulas" organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria  Histórica. As profesoras Anxos Rial e Conchi Díaz, acompañadas por 3 alumnos destes centro, foron invitadas polas súas aportacións a este tema a través dun proxecto realizado cos alumnos de 4º ESO.

O obxectivo das Xornadas é facilitar un lugar de encontro para que o profesorado da provincia poida coñecer novos recursos, ideas e proxectos para abordar nos centros de ensino a Guerra civil, a ditadura e a represión.

   Pica na foto para ver o álbum

 

 

Álbum: Actividades -> A (des)memoria nas aulas

Un paseo con René Magritte

As profesoras Mar Villaverde do IES Sánchez Cantón e Fabiola Cintrón, da EEI Concepción Crespo Rivas, veñen de recuperar a colaboración que xa viñan mantendo antes da pandemia a través do proxecto " j' apprends, you learn: aprendemos". Aquí está o fermoso resultado desta xenial colaboración. Noraboa!

 

Xogos de Orientación na EEI Crespo Rivas

O pasado 20 de abril o alumnado de 1º TSEASD organizou uns xogos de Orientación co alumnado de 4 anos da EEI Crespo Rivas. os pequenos desfrutaron dunha mañá de xogos e os maiores desfrutaron coa ledicia dos pequenos.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos de Orientación na EEI Crespo Rivas

Grupo de teatro "Sánchez Cantón"

O vindeiro mércores 4 de maio, ás 19:00 h., o grupo de teatro "Sánchez Cantón" estreará a obra de Enrique Jardiel Poncela  "Cuatro corazones con freno y marcha atrás".

Está todo o mundo convidado a unha tarde de risas e diversión.

Club de Ciencia: o sextante

O venres 22 de abril, os membros do Club de CIencia fixeron unha viaxe en barco para poñer en práctica unha tarefa na que levaban traballando todo o curso: o sextante. Despois de telos fabricado no centro, saíron á mar para coñecer o seu uso no contexto axeitado.

Campións da fase clasificatoria do Club de Debate en Galicia

Vimos de celebrar con orgullo o 1º posto na fase clasificatoria do Club de Debate que se celebrou este mércores 6 de abril en Negreira.

Sabela Rivas Campos, Javier Hermida Hermida, Rosalía Blanco Vázquez, María Pazos González, Izan Vázquez Cabodevila e Alejandro González Paz, coordinados pola profesora de Lingua Galega Salomé Díaz Muñiz, conseguiron este enorme éxito.

Noraboa a todos eles.

Pica na foto para ver o álbum.

Álbum: Actividades -> Club de Debate 2022

DÍA DA POESÍA

O pasado martes 29 celebramos o Día da Poesía nun acto organizado polo Coordinador da Biblioteca, Fernando Tomé, o cal estivo apoiado por profesorado das diferentes linguas que se imparten no centro.

Chegou cun pouco de retraso por cuestións alleas a nós, pero chegou. O alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de saír á rúa para ler a quen quixo escoitar e agasallar con poemas a todo aquel que recibiu o ofrecemento. Rapazada, cidadáns e poesía fundíronse nunha fermosa mañán de primavera.

Pica sobre a imaxe inferior para ver o álbum.

 

 

Álbum: Biblioteca -> Día da poesía 2022

David MacMillan: Premio Nobel de Química 2021

Hoxe, martes 28 de marzo de 2022, foi un pracer recibir a David MacMillan, Premio Nobel de Química 2021. A súa espontaneidade e sinxeleza cautivou ao noso alumnado, o cal escoitou atentamente todas as respostas que deu ás múltiples preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas. Sempre atesorarán unha lembranza única e entrañable, grazas á profesora de Física e Química Beatriz Trillo Senín, que conseguiu unha visita tan ilustre para o noso centro.

Club contra o Cambio Climático: limpeza do río Gafos

Hoxe, martes 22 de marzo, as profesoras Beatriz Trillo e Mª Jesús Torres,  acompañaron aos membros do Club Contra o Cambio Climático e ao alumnado doutros centros de Pontevedra, nunha actividade colaborativa de limpeza do río Gafos, actividade organizada polos centros educativos, a Asociación "Vai polo río" e o Concello.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5574170?t=1645

 https://www.pontevedraviva.com/xeral/83738/dia-auga-aparcar-libros-limpar-contorna-rio-gafos/

 

Pica sobre a imaxe inferior para ver as fotos do álbum

Álbum: Actividades -> Limpeza do río Gafos

AXUDA A UCRANIA

Dende o día de hoxe, 16 de marzo, e ata o martes 22 de marzo, o IES Sánchez Cantón convírtese en lugar de recollida de material sanitario, de higiene e alimentación, para axuda á población de Ucrania. Colaboramos coa Asociación Galucrania afincada en Vilagarcía de Arousa. Haberá uns contenedores no vestíbulo do centro onde se poderán depositar todos os recursos aportados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut