Skip to Content

Mulleres guerrilleiras antifascistas

Entre donas ás beiras do Lérez: Na súa memoria, na nosa memoria.

O proxecto que desenvolvemos este curso en 4º de ESO A,B e C céntrase na recuperación para a MEMORIA daquelas mulleres pontevedresas esquecidas durante anos por seren represaliadas ou polo escaso valor que se lles deu nun mundo de homes.

Na súa memoria, na nosa memoria quere achegar ao noso alumnado á personalidade destas mulleres anónimas, que diversas persoas especialistas no tema lles abran portas ás súas historias, ao seu valor e traballo, que as sintamos máis preto de nós coñecéndoas polos seus nomes.

Este proxecto inclúese dentro da actuación IN-NOVA de Excelencia académica dos Contratos Programa da Xunta de Galicia.

Ao longo deste curso, primeiramente coas entrevistas a persoas destacadas no estudo e coñecemento da nosa Memoria Histórica,  logo coa análise e reflexión sobre as mesmas, na investigación e procura de textos e monografías específicas do tema, co visionado de documentais, visita a exposicións e realización dun roteiro, e cunha metodoloxía activa ABP realizada en grupos colaborativos, pretendemos que o alumnado produza o seu propio material sobre o tema e o publicite entre os compañeiros e compañeiras.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut