Skip to Content

25N 2022

Hoxe unímonos ao minuto de silencio en apoio ás víctimas da violencia de xénero. Desapareceron as voces, as risas, os pasos apresurados, dando lugar a 60 segundos do máis apabullante silencio solidario e respectuoso.

No vestíbulo da entrada, os paneis mostraban a un alumnado concienciado coa lacra social que supón o maltrato á muller.

 

Álbum: Actividades -> 25 N 2022

Presentación do libro "Noches" de Alfredo Marques

O pasado luns 21, o noso exalumno Alfredo Marques presentou o libro de poemas Noches ante aqueles que foron os seus compañeiros ata hai dous cursos, cando decidiu orientar os seus estudos cara ao bacharelato de Artes.

Tras recibir o Premio Minerva, escolleu presentar o seu novo libro neste centro no que viviu o seu crecemento físico e intelectual, ao tempo que o seu talento artístico.

Alegrámonos moito do seu éxito e confiamos en que moi pronto volva coa súa próxima obra. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Noches, de Alfredo Marques

Halloween short story contest

O mércores 16 o Departamento de Lingua Inglesa entregou o seu merecido premio ás gañadoras do concurso de relatos curtos de Halloween. Irene Chayán e Mariña Maceiras levaron o recoñecemento do xurado grazas as súas historias de terror, nas que vivimos unha terrorífica experiencia no ascensor do instituto e unha escalofriante historia no ximnasio do centro, respectivamente. Agardamos que Irene e Mariña o pasen de medo no Escape Room. Parabéns!

Pincha na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Halloween short story contest

Premio Ernestina Otero

No día de hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato recibiu o 1º Premio Ernestina Otero pola igualdade 2022 do Consello de Pontevedra; acadaron este premio polo proxecto "Na súa memoria, na nosa memoria" que desenvolveron na materia de Lingua galega e literatura e no Comité de Igualdade  conxuntamente e coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística  do noso centro,  ao longo do curso 2021/22 cando cursaban 4º de ESO.
Este proxecto tiña como obxectivos formar ao alumnado na práctica de proxectos documentais colaborativos, fomentar a excelencia académica e tematicamente visibilizar a memoria das mulleres represaliadas galegas e en especial de Pontevedra. A través de entrevistas realizadas a especialistas ás e aos que agradecemos a súa amable colacoración, achegáronse á figura das mulleres para logo investigar arredor das súas figuras e elaborar vídeos divulgativos sobre as mesmas.
Este premio recoñece o labor e a calidade do traballo realizado por estes rapaces en materia de igualdade, parabéns para todos e todas polo recoñecemento. 

Os xornais máis importantes fixéronse eco deste merecido  premio.

https://pontevedraviva.com/xeral/90256/premio-esfuerzo-escola-legado-ernestina-otero-permanezca-vivo-no-borre-historia/

https://www.lavozdegalicia.es/album/pontevedra/2022/11/17/span-langglentrega-dos-premios-enestina-otero-sestelo-pontevedraspan/01101668699952642167724.htm

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/11/17/premios-ernestina-otero-distinguen-trabajos-78678538.html

 Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Actividades -> Ernestina Otero

Ledicia Costas

Onte pola mañá, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas que nos falou da súa vida e a súa obra. Moi amablemente, respostou a todas as preguntas que o noso alumnado lle fixo, e empregou moito do seu bo facer en asinar todos os libros que os rapaces e rapazas trouxeron. E damos fe de que foron moitos! Porque resulta ser a escritora favorita de moitos deles.

Asombrounos a súa cercanía, a súa amabilidade e a súa capacidade para facer unha dedicatoria personalizada a cada un deles. Para nós, foi un  placer. Esperamos que para ela, tamén.

E como o noso alumnado quedou encantado coa súa presenza, pedíronme que ao final do vídeo a invitara a volver cando quixera. 

 

Nunca Máis

O 13 de novembro de 2002 o capitán do Prestige escoitou un forte golpe, como unha explosión, e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente  á vez que observaba a saída do fuel polos zapóns da cuberta. Unha vía de auga afectaba a dous tanques de lastre de estribor. Temendo que o barco afundise, solicitou ás 15.15 horas a axuda dos servizos de rescate españois, agardando poder refuxiarse nun porto. 

Así comezou unha longa tempada na que Galicia viviu un dos peores momentos da súa historia.

O noso alumnado do Club Contra o Cambio Climático quixo lembrar este día entregando uns folletos á entrada do instituto para concienciar aos seus compañeiros de que non debemos esquecer, que debemos ter sempre presente este pesadelo para que non volva suceder.

 Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Nunca máis

Tres rúas para 3 mulleres

Aquí deixamos unha mostra en vídeo coas palabras das nosas alumnas na acto deste sábado 5 de novembro, no cal  tres rúas pontevedresas recibiron o nome de tres de mulleres importantes na nosa historia. O recoñecemento foi tardío, pero chegou.

Tres rúas para tres mulleres

O sábado 5 de Novembro, o Concello de Pontevedra organizou un acto para celebrar a inauguración de tres novas rúas da vila; esta rúas reciben nome de muller coa fin de visibilizar as súas figuras históricas e o seu perfil de pioneiras, loitadoras pola igualdade ou mesmo represaliadas e perseguidas: Vasquida García (menciñeira acusada de bruxaría no século XVI), Dolores Trabado (pioneira da condución) e Ernestina Otero (profesora represaliada).

O acto consistiu nunha intervención do Sr. Alcalde de Pontevedra, nas intervencións dos familiares das homenaxeadas e unha dramatización arredor das historias destas, protagonizadas por un marabilloso trío de alumnas de 1º de bacharelato: María Araujo no papel de Vasquida García, Carmen Fernández-Arruti no papel de Dolores Trabado e Cristina Gómez no papel de Ernestina Otero, dirixidas por Tero Rodríguez que soubo sacar as mellores cualidades interpretativas das mozas. Acompañou o acto a Banda de saxofóns de Redondela, mozos e mozas que coa súa directora puxeron broche de ouro musical á esta posta en escea.

A interpretación das rapazas foi entrañable, emotiva e mesmo espectacular pois nos impresionaron coas súas dotes dramáticas sendo tan novas e sen experiencia; as súas voces foron quen de conmover aos asistentes talmente como se estiveramos escoitando ás donas protagonistas da homenaxe.

Amosaron ser xoves profesionais e responsables dos seus papeis polo que recibiron felicitacións do Sr. Alcalde (que tivo unha fermosas palabras para elas e para o instituto), a Sra. Concelleira de Cultura, dos familiares das donas protagonistas das rúas (que quixeron fotografarse coas mozas, “a súa avoa” como ben dixo o neto de Ernestina) e de todos os asistentes.

Parabéns para elas, as alumnas, que nos achegaron ás grandes mulleres que dan nome ás rúas de Pontevedra e que nos fixeron emocionarnos e sentírmonos ben orgullosas delas.

 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Tres rúas para tres mulleres

Visita á cidade de Ourense

O alumnado de 2º ESO que cursa Relixión realizou unha saída á cidade de Ourense e á súa catedral o xoves pasado, día 3 de novembro. Pola ledicia que mostran ao pé das Burgas, parece que quedaron encantados coa visita.

 

 

Cuatro corazones con freno y marcha atrás

Mañán, xoves 3 de novembro, o Grupo de Teatro de Profesorado Sánchez Cantón, representará por última vez nos escenarios pontevedreses a obra de Enrique Jardiel Poncela "Cuatro corazones con freno y marcha atrás". Aproveiten a oportunidade para pasar un bo rato e rir coma nenos. 

A cafetería do instituto permanecerá aberta entre as 19:00 e 20:00 horas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut