Skip to Content

Fotos Graduación 2022

 

Compartimos enlace para ver as fotografías da Graduación 2022:


https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1vMxfU9GmzFc-3Lp2yMJNMX7hN9d898Bk

 

 

 

Feira da Ciencia 2022

A pasada semana, parte do alumnado do Club de Ciencia preparou unha pequena feira na que nos explicou o funcionamento e repercusión histórica dalgunhas das pezas do Museo da Ciencia.

Moitas grazas polo voso estupendo traballo e implicación durante todo o curso. Grazas tamén ao alumnado que se achegou  á exposición e así axudou a facela posible.

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Feira da Ciencia

Memoria gráfica dos Clubs de Lectura

Este vídeo é unha pequena mostra das reunións de traballo desenvolvido polos Clubs de Lectura durante este curso 2021-2022.

Herbas de San Xoán no horto escolar

“Herbiñas de San Xoán, librádeme de todo mal”

O alumnado de 1º de ESO B e o alumnado de 1º ESO C , acompañados das súas titoras visitaron esta semana o noso horto escolar para coñecelo e achegarse a recoñecer as herbas de San Xoán e a súa tradición. 

A actividade consistiu nunha previa preparación en clase de lingua galega do tema “As herbas de San Xoán”, nome, utilidades e uso para a elaboración do cacho de San Xoán, maxia e tradicións na noite máxica e lecturas e refráns relacionados. Completouse coa visita ao horto onde a profesora de bioloxía Antía e os horteláns Anxo e Paco lles explicaron e amosaron cada herbiña e como recoñecela.

Tamén recolleron uns amorodos do horto que a rapazada comeu e desfrutou; algúns deles e delas xa se apuntaron para seren horteláns axudantes o vindeiro curso.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita ao horto

Entrega de certificacións de nivel das probas de inglés administradas por Cambridge Assessment

O pasado martes 21 de xuño tivo lugar no noso centro a entrega de certificacións de nivel das probas  de inglés B1  Preliminary,  B2  First e  C1  Advanced administradas por Cambridge  Assessment. Estas probas realizáronse  en virtude do programa de axudas da  Consellería de Educación da Xunta de Galicia nas que se matricularon un total de 83 alumnos e alumnas do IES Sánchez Cantón de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Á vista dos excelentes resultados  obtidos, o noso instituto  ten a intención de participar de novo neste programa no curso 2022/23 coa fin de promover a competencia comunicativa en inglés do noso alumnado. Parabéns a todo o alumnado participante.

Celebración das Letras Galegas

O alumnado que asiste á actividade extraescolar de teatro, acompañado por algúns profesores e profesoras deste centro, realizou o xoves 16 a súa celebración do Día das Letras Galegas denominada: "Escolma, de Rosalía a Gurriarán". O acto consistiu na lectura dunha escolla de textos pertencentes a diversos autores homenaxeados nese día dende a súa fundación en 1963.

Parabéns a estes virtuosos, cativos en tamaño, pero grandes en espíritu artístico!

Visita a O Grove

O alumnado de 1º ESO A e B realizou, este venres 17 de xuño, unha saída ao Grove para visitar o Castro da Lanzada, o Acuario, a Fábrica de Salazón e o mirador de Siradella. Estiveron acompañados polos profesores Antía Fontán, Margarita Torres e Humberto Martínez, que ofreceron explicacións e realizaron diversas actividades relacionadas coas materias das que imparten docencia.

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Visita a O Grove

Homenaxe a Xosé Luís Janeiro

Hoxe, 16 de xuño, celebramos a xubilación de Xosé Luís Janeiro, compañeiro querido, que nos deixa a final deste curso para desfrutar do seu tempo libre. Agora, por fin terá ese tempo tan necesario para desenvolver as múltiples aficións que posúe. A pegada que deixa no Sánchez Cantón é imborrable. Aquí sempre terá o seu lugar acolledor. Parabéns pola nova vida!

Fase final do Parlamento Xove

Este venres 17 de xuño, Uxío Juncal, Javier Hermida, Sabela Rivas e Sara Vázquez, alumnos de 1º de bacharelato que forman o equipo do IES Sánchez Cantón clasificado para a fase final do Parlamento Xove, participarán nos cuartos de final ás 17:00 h. Poderán seguir este debate na seguinte ligazón:

SALA B: https://www.youtube.com/watch?v=deXb53Sficg

Visita á Illa de San Simón e as Salinas de Ulló

O alumnado que pertence aos Clubs de Lectura, ao Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e ao Comité de Igualdade, realizou unha visita á illa de San Simón, lugar tristemente ligado á memoria histórica, e posteriormente acudiu ás Salinas de Ulló en Vilaboa, para coñecer unha importante mostra do patrimonio cultural que conservamos preto de Pontevedra.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Illa de San Simón e Salinas de Ulló
Distribuir contido


by Dr. Radut