Skip to Content

Benvidos ao IES Sánchez Cantón

IES Sánchez Cantón

        ies.sanchez.canton@edu.xunta.gal 

Charla sobre ciberseguridade impartida polo Inmune Institute de Madrid

O pasado mércores 18 de setembro, inauguramos o capítulo de actividades para este curso 24-25.

Representantes do Inmune Institute de Madrid, ofreceron unha charla de 2 horas ao alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato sobre un tema que preocupa ao alumnado, e sobre todo, ás familias: a ciberseguridade.

Os ponentes ofreceron un enfoque accesible para que o alumnado puidera comprender os riscos e desafíos en liña.

Confiamos en que a participación do alumnado nesta charla enriqueza a súa comprensión sobre a ciberseguridade, e lles proporcione ferramentas valiosas para o seu futuro.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Charla sobre ciberseguridade

CURSO 24/25

PRESENTACIÓNS CURSO 24/25

 

Curso 24/25

PROBAS DE ACREDITACIÓN MATERIAS PROGRESIVAS (CURSO 24/25)

As probas de acreditación dos coñecementos necesarios para matricularse en 2º Bacharelato de materias progresivas sen ter cursado a correspondente materia de 1º Bach., desenvolveránse o día 3 de setembro de 2024 no seguinte horario.

 

MARTES, 3 DE SETEMBRO

10:00 HORAS

TIC I

Debuxo Técnico I (contactar co profesor con antelación)

Análise Musical I

Grego I (contactar coa profesora con antelación)

 

 

MARTES, 3 DE SETEMBRO

12:00 HORAS

Tecnoloxía e Enxeñaría I

 

Pódense consultar modelos destas probas nos espazos correspondentes aos departamentos didácticos.

 

 

 

Libros de Texto 2024/25

 Actualizado o 24/06/2024

Descargar listaxe de libros

Intelixencia artística

O vestíbulo do instituto leva desde o 7 de xuño ocupado por unha exposición sobre Intelixencia Artística organizada polo Departamento de Plástica.

A exposición recolle traballos realizados polo alumnado de ESO e Bacharelato e ten por obxectivo reivindicar o valor da  creatividade e as Belas Artes fronte a Intelixencia Artificial, cada vez máis presente nas nosas vidas. Como di Tatiana Otero profesora de EPVA, organizadora do evento xunto aos seus compañeiros Ernesto González Torterolo e  Teresa Rodríguez, "a intelixencia artificial non afecta tanto á creatividade senón ao proceso técnico". 

En La Voz de Galicia podemos ler unha entrevista realizada a Tatiana Otero sobre esta exposición que permanecerá aberta para quen queira visitala ata o 30 de xuño.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2024/06/24/ia-inteligencia-artistica-exposicion-pontevedra-reivindica-creatividad/00031719220679677351985.htm

Álbum: Actividades -> Intelixencia artística

Un proxecto do IES Sánchez Cantón seleccionado para a fase final de Ciencia en Acción

O proxecto do IES Sánchez Cantón, consistente na xeración dun sextante para o seu uso escolar, ten sido seleccionado para participar na fase final do concurso Ciencia en Acción.

O proxecto, que comezou o curso 2018-2019, tiña como obxectivo fundamental atopar un sistema que permitise xerar un instrumento de medida de ángulos para ser usado nas aulas. O instrumento escollido foi un sextante. Durante o proxecto, non só se xeraron os arquivos de impresión 3D das pezas dun sextante e construíronse sextantes reproducindo as pezas con resina de poliuretano, senón que tamén se construiron outros instrumentos históricos relacionados coa navegación e realizáronse prácticas do seu uso.

O concurso Ciencia en Acción representa a Fase Nacional Española e Iberoamericana do Concurso Internacional Science on Stage. Ciencia en Acción celebra este ano no mes de outubro, en Avilés, a súa edición número 25, o que o convirte nun dos concursos máis antigos centrados na Ciencia, a súa difusión e aprendizaxe. Como se afirma na súa páxina web, “Ciencia en Acción es un concurso internacional dirigido a estudiantes, profesores, investigadores y divulgadores de la comunidad científica del área geográfica iberoamericana, en cualquiera de sus disciplinas. Su principal objetivo es presentar la ciencia de una manera atractiva y motivadora”.

Graduación 2024

Onte vivimos o mesmo momento emocionante de cada ano. Por fin, o alumnado de 2º bacharelato rematou o curso e puido celebrar a súa Graduación.

Pero a xeración de 2024 vai marcar un hito na historia das graduacións do Sánchez Cantón, pois celebrou a súa despois de realizar as ABAU. Este curso, por cuestións varias, non puidemos levar a cabo o evento en maio como era o costume, e reservamos esta data posterior as probas de acceso á universidade para que o alumnado estivera máis relaxado e puidera desfrutar do seu día. E, aínda que nun principio, foi unha idea que non gustou, ao final temos que recoñecer que foi un acerto. 

Por outra banda, os rapaces e rapazas desta xeración cambiaron un antigo costume nada correcto, as clásicas "collejas", por outro máis bonito e emotivo: un corredor polo que ían pasando os pequenos, aos que aplaudían. Cambiar as cousas que están asentadas non é nada doado e eles o conseguiron con nota.

Non podemos por menos que sentirnos orgullosos da súa boa educación e do cariñosos que se amosaron en todo momento. Noraboa! Sodes unha xeración cun futuro brillante.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Graduación 2024

Memoria Clubs de Lectura 2023/2024

Un curso máis, a nave dos nosos Clubs de Lectura (17 este ano), abriu camiño deixando unha fermosa estela ao seu paso.  E aquí estamos nós para deixar constancia con este vídeo que amosa o desfrute da lectura compartida.

Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado implicado, con Anxos Rial e David Rodríguez Puy como capitanes deste barco, polo importante e fermoso traballo desenvolvido. Que sexa por moitos anos!

Calendario e documentación (Curso 2024/25)

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA

 

Curso 2024/2025

 

 

1º ESO

26 XUÑO - 8 XULLO

2º BACH

26-27 XUÑO

1º BACH

28 XUÑO - 1 XULLO

4º ESO

2-3 XULLO

3º ESO

4 XULLO

2º ESO

5 XULLO

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POR TODO O ALUMNADO 

  • Cubrir todos os datos da portada do sobre de matrícula.
  • Unha vez debidamente cuberta a portada, facer fotocopia e introducila no sobre.
  • Dúas fotografías recentes tamaño carné co nome ao dorso, (tres os novos alumnos).
  • Xustificación de aboamento do Seguro Escolar para os alumnos de  3º e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato.

  

Antes de formalizar a matrícula, o/a alumno/a deberá ingresar a cantidade de 1,12 € correspondentes ó Seguro Escolar, nas oficinas de ABANCA, c/c nº  ES18-2080-5401-51-3040121097 a nome do IES Sánchez Cantón.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO NON PAGA SEGURO ESCOLAR

  

ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMERA VEZ NO CENTRO:

  • Fotocopia do DNI e fotocopia do libro de familia completo.
  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade social.
  • Orixinal e fotocopia das cualificacións do último curso.

  

O alumnado procedente do estranxeiro ou doutra Comunidade pode solicitar EXENCIÓN DE GALEGO. Deberán encher a solicitude e acompañar fotocopias compulsadas dos estudios realizados nos últimos catro anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut