ACTIVIDADES DO CENTRO

"QUEDADA MANGA"

O alumnado do Club Manga do IES Ricardo Mella é o anfitrión da "Quedada Manga", os invitados foron alumnado do IES Álvaro Cunqueiro e do IES Valadares. O equipo organizador do evento tiña un amplo programa de actividades como kahoots, torneos, obradoiros de Hiragana e Katana, etc., coas que gozaron durante toda a mañá.

Parabéns pola organización!!

 

XORNADAS DE EDUCAR EN XUSTIZA.

O alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (grupo A) e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos visitaron os Xulgados do Social de Vigo, en concreto o Xulgado nº 2, do que é titular o xuíz decano D. Germán Serrano. Alí durante unha xornada completa asistiron como oíntes aos xuízos sobre asuntos laborais e de Seguridade Social que se celebraron e puideron consultar as dúbidas que foron xurdindo tanto cos/coas letrados/as das partes como co Xuíz.

 Pinchar na imaxe para ver todas as fotos

Álbum: 2021-2022 -> Visita xulgado 2022

2º DA ESO VISITA A EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios)

O noso alumnado de 2º da ESO fixo a segunda saída post-pandemia visitando a EMAO en Vigo. Alí coñeceron a historia da Escola, ensináronlles a Biblioteca na que lles mostraron obras e manuais de máis de 400 anos de antigüidade e visitaron a exposición de coiro con traballos de alumnado da escola e outros traballos de artesáns xa experimentad@s, onde Pepe, o profesor de coiro lles explicou as diferentes técnicas e maneiras de traballar este material.

Estiveron no obradoiro de Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM), onde lles ensinaron como se constrúe unha zanfona e unha gaita, ademais de facerlles unha pequena demostración de como soan estes instrumentos. Por último, no obradoiro de Serigrafía, ademais de ver o proceso de serigrafiado puido facer unha pequena práctica que tiña preparada a profesora desta especialidade.

Moitas grazas á Escola e ao profesorado pola súa xenerosidade e pola preparación desta visita.

 Pinchar na imaxe para ver todas as fotos

Álbum: 2021-2022 -> Visita EMAO 2022

Fotos Entroido 2022

FOTOS ENTROIDO 2022 

  

 

Preme na imaxe para ver todas as fotos.

Álbum: 2021-2022 -> Entroido 2022

Patinaxe - ESO e BACH (1º)

Preme na imaxe para ver todas as fotos.

Álbum: 2021-2022 -> Decembro 2021
Distribuir contido