ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - ANPA BALCAXIA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ORGANIZADAS POLA ANPA !!

  

Martes: Volei 16:30-17:45

Mércores: Baile 16:30-17:45

Xoves: Showcooking 16:30-18:00

Xoves: Tenis (25€) 16:30-17:45

 

Mais info a través da ANPA BALCAXIA

Aclaración paradas Abalar Transporte Escolar

 Grazas á colaboración das familias, estamos detectando que na Aplicación Abalar se indican como asignadas paradas de transporte erróneas, que non se corresponden coas realmente asignadas ó alumnado ó que se lle concedeu transporte escolar.

Queremos informar que este erro é alleo ó IES. Trátase dun fallo da aplicación transporte.

Por eso vos pedimos que NON FAGADES CASO da información que ofrece Abalar sobre as paradas asignadas ó alumnado que se lle concedeu transporte escolar.

As únicas paradas realmente asignadas son as que solicitachedes nos impresos correspondentes (excepto que dende Vicedirección se vos informase de algún cambio, pero isto sempre sería comunicado directamente á familia).

Lamentamos a confusión que pode estar xerando esta situación, que, repetimos, É COMPLETAMENTE ALLÉA ó centro.

Poñeremonos en contacto co departamento correspondente para tratar de que se solucione.

Mentres tanto ignorade a información que aparece no Abalar relativa ás paradas de transporte.

Moitas grazas pola vosa preocupación e por informar desta situación aquelas persoas que o detectachedes.

Cafetería

 

Este curso voltamos contar con Servizo de Cafetería.

Permanecerá aberta durante as mañás toda a semana, e ós mediodías de Luns (e probablemente Xoves, en función da demanda) para o alumnado maior de idade e o profesorado.

Pronto pasarán información detallada sobre o seu servizo, que incluirá comidas para os días de clase pola tarde.

 

INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE – TRANSPORTE ESCOLAR

  • A partir do Mércores día 11 o Servizo de Transporte Escolar funcionará con normalidade, tanto en horario de mañá como de tarde.

 

  • Todo o alumnado CON DEREITO* a transporte subvencionado que SOLICITOU o uso do transporte durante o proceso de matriculación poderá facer uso do mesmo.

 

  • Tamén poderá empregar o transporte o alumnado SEN DEREITO** que solicitou:

 

  • Ø Liña 1 (Belesar)
  • Ø Liña 2 (Morade)
  • Ø Liña 3 (Baredo)
  • Ø Liña 4 (Oia)
  • Ø Liña 6 (Baíña)

 

  • De momento NON PODERÁ comezar a empregar o transporte o alumnado SEN DEREITO** que solicitou:

 

    • Ø Liña 5 (Ramallosa)
  •  

Contamos con poder asignar a case todo o alumnado a esta liña, pero algunhas persoas en concreto non poderán facer uso do mesmo. Nestes días vos informaremos con mais detalle. Mentres facemos os últimos axustes non se poderá facer uso desta liña por parte do alumnado SEN DEREITO

 

Segundo a Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares,

 

* é alumnado CON DEREITO aquel que cumpre TODAS as seguintes condicións:

  • alumnado de niveis obrigatorios (é dicir, ESO e FP Básica ata os 16 anos incluídos)
  • cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar, e en calquera caso a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.
  • estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida.

 

**é alumnado SEN DEREITO a transporte todo aquel que:

 

  • Cursando ESO ou FP Básica (ata 16 anos incluídos) o seu domicilio se atopa dentro do núcleo urbano, ou a menos de 2 km do centro escolar.

 

  • Cursando ESO ou FP Básica (ata 16 anos incluídos) está escolarizado en centro distinto ó que lle corresponde segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecidas.

[[ Aquí se atopa o alumnado de ESO que debería estar matriculado no CPI Cova Terreña, e o alumnado procedente doutros Concellos (Nigrán, Gondomar, Tomiño, Vigo,...) coa excepción do alumnado procedente do Concello de Oia, por ser o IES Primeiro de Marzo centro referente para o alumnado deste municipio. ]]

 

  • Curse FP Básica tendo máis de 16 anos de idade, Bacharelato ou Ciclos Formativos.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN, COLABORACIÓN E PACIENCIA.

Transporte Público - Liña Circular Baiona-Nigrán-Gomdomar-Baiona

Para o alumnado que non se lle conceda o Bus, existe a alternativa de empregar ao transporte público de xeito gratuíto, facendo a Tarxeta Xente Nova (https://www.bus.gal/gl/xente-nova)

Na páxina de LUGOVE podedes consultar todas as rutas que chegan ata o noso centro dende Concellos da contorna (Nigrán, Gondomar, A Guarda, Tomiño,...): https://lugove.gal/novas-linas-inverno-24/

Tamén podedes contactar no número de teléfono: 986608045

Deixámosvos aquí información das frecuencias da ruta circular Baiona-Nigrán-Gondomar que coinciden cos horarios de entrada e saída do IES (a parada é xusto diante do noso centro)

Instrucións inicio de curso

Nota de Aviso

Ola a todas e todos.

O mércores 11 da comezo a un novo curso.

Para ESO, Bacharelato e FP Básica o horario será o habitual do centro, de 8:30 a 14:00 horas.

A primeira hora o alumnado dirixirase á pista cuberta, onde estará sinalizado un espazo para cada curso.

Será o profesorado titor o encargado de chamar ó alumnado do seu grupo e acompañalo á súa aula de referencia.

O horario de inicio para o Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística será:

  • 2º ASCT: 10:10 9:20 horas, na Aula Taller (Andar Baixo)
  • 1º ASCT: 11:00 10:10 horas, na Aula de Ciclo (Terceiro Andar)

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Listaxe "extra" de Libros concedidos a 3º ESO

Tal e como se indicou cando se publicou a Listaxe Definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2024/2025 vense de confirmar a posibilidade de ampliar en algúns exemplares os libros que se lle entregrán ó alumnado de 3º ESO.

Mañá Luns, pola mañá, quedará exposto no Taboleiro de anuncios do IES ((non nos está permitido facelo na web)) a listaxe dos libros que se concederon de maneira "extra".

Así, ó alumnado que apareza nesta listaxe, se lle entregarán os libros indicados na Listaxe Definitiva publicada en Xullo MAIS os indicados nesta nova listaxe.

Son un total de 17 alumnos/as a quenes se lles incrementa o número de libros que se lles entregará os primeiros días de clase.

Moitas grazas pola vosa paciencia.

PRAZAS VACANTES NO 1º CURSO DE CICLO SUPERIOR DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA E NO 1º CURSO DE FPB

 

Oferta ordinaria 1º de Ciclo Superior

Para solicitar a matrícula en ciclos de oferta ordinaria con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Temos 17 prazas vacantes para o 1º curso de ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística

 

FP Básica

Para solicitar a matrícula nos ciclos de grao básico liberados, as persoas que non teñan praza adxudicada, presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidas.

1º de FPB de Actividades domésticas e limpeza de edificios

Temos 5 prazas vacantes para o 1º curso de FPB

 

A persoa interesada poderá poñerse en contacto coa secretaría do IES en horario de 8:30 a 14:00 horas de luns a venres no tfo da conserxería, 886110127 ata o 30 de setembro para informarse da documentación que deberá de aportar no momento na matrícula.

 

 

 

Benvida ás familias do alumnado de nova incorporación. Curso 2024/2025.

Dende a dirección do IES Primeiro de Marzo queremos darvos unha cálida benvida a todas as familias do alumnado que este curso se incorpora ó noso centro.

Por iso vos convidamos a todas aquelas familias do alumnado de 1º ESO, 1º FP Básica e 1º Ciclo Superior, así como ás do alumnado de 1º Bacharelato ou demáis cursos procedentes doutros centros, a un acto informativo e de acollida, que terá lugar o Mércores día 4 de Setembro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do IES Primeiro de Marzo.

Atentamente

A Dirección

Distribuir contido