AGRADECEMENTO

 

       Na mañá do pasado domingo 15 de outubro o incendio do monte da Virxe da Rocha afectou ao noso centro. Afortunadamente o edificio non sufriu danos mais as chamas asolaron a finca.

       Estas graves consecuencias non foron maiores grazas ao esforzo de todas as persoas que colaboraron na extinción do lume e na protección do edificio para evitar que este se reiniciase.

       Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento e a nosa gratitude a todas elas. Especialmente, a Sergio e Cristian, a Teresa e a súas fillas, a Emilio, a Puri e a Manuel, a Jose Antonio, aos representantes do Concello que estiveron colaborando con nós (o Concelleiro de Medioambiente Raúl, a Concelleira de Educación Beatriz e a Teniente de Alcalde María) e a todas as familias e alumnado que tamén se sumaron.

      A Dirección

 

   

Plan Proxecta: Paisaxe e Sustentabilidade

  E co fin de curso remata tamén a nosa participación no plan proxecta Paisaxe e Sustentabilidade: Redescubrindo a nosa paisaxe". Graciñas a todolos/as alumnos/as, familias e docentes pola súa implicación e participación. Non esquezades visitar o blog para ver os últimos traballos

A coordinadora

 Natalia Regueiro Leis

¡ENHORABOA AOS DEPORTISTAS!

Todos os que formamos parte da Comunidade escolar, felicitamos aos nosos deportistas polos logros conseguidos neste curso escolar e facemos unha mención especial a Marta Pombal, alumna de 2º de bacharelato que co seu equipo, o Mecalia Guardés, acadaron o título de campionas de liga de balonmán.

ACTO DE GRADUACIÓN DOS ESTUDANTES DE 2º BACHARELATO - CURSO 2016/17

O 19 de maio tivo lugar no noso centro o emotivo acto de promoción do alumnado de 2º de bacharelato coa asistencia tamén dos pais, persoal docente e demais invitados  que se sumaron ao especial homenaxe que se tributou a dous profesores que nestas datas se xubilan.

¡¡¡Felicidades a todos!!!.

"XuvenCiencia". V Campus Científico de Verán da USC

Datas e lugar: En Lugo do 2 ao 8 de xullo, dirixido a estudantes de 4º da ESO e 1º BAC.

Prazo de preinscrición dende o vindeiro 28 de abril ata o 8 de maio.

Información na secretaría do IES e na páx. web: http://www.usc.es/xuvenciencia/campus

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE

Hoxe, primeiro día de primavera, conmemoranos no noso centro o día da árbore.

CARTEL DÍA DA ÁRBORE

Guardar

Campus científicos de verán 2017

Publicada a Resolución de 23/2/2017 pola que se convocan prazas para o programa dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato. Prazo ata ás 15:00 h. do 24/3/2017.

Información na secretaría do IES

VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE GALEGA

Este mércores 15 de febreiro participaron 12 alumnos de 1º de bacharelato do noso centro na VIII Olimpíada de Xeoloxía, Fase Galega. Preto de 100 alumnos competiron na sede provincial de Vigo, na Escola de Minas.

PARABÉNS AO NOSO EQUIPO OLÍMPICO.

Dúas alumanas do noso centro gañaron o 3º posto: Alejandra Durán del Río, e 2º posto: Claudia Peña Vázquez de la Torre. Ademais, Claudia clasificouse para a final nacional, que terá lugar en Salamanca. MOITO ÁNIMO CLAUDIA!

 Algunhas fotos do evento

Guardar

Guardar

Guardar

Día conta a violencia de xénero

Hoxe, venres 25 de novembro,  conmemoramos o Día contra a violencia de xénero con diversos actos no IES.

Distribuir contido