Calendario Oficial Probas 3ª Avaliación Ciclo Superior Animación Sociocultural e Turística

DC: Desenvolvemento Comunitario

AXC: Animación e Xestión Cultural

CAS: Contexto da Animación Sociocultural

MIS:Metodoloxía da Intervención Social

FOL: Formación e Orientación Laboral

IX: Información Xuvenil

SEDE probas de acceso aos ciclos medios. DÍA 27 de maio en TEIS

Publicada a listaxe definitiva de admitidos.

Sede das probas: IES de  TEIS (Vigo)

Día da proba: 27 de maio

Xuntamos arquivo coas instrucións para a realización das probas

PECHADO O CENTRO O 26 DE ABRIL

 

Aprobada pola Inspección Educativa a solicitude de día non lectivo para o Centro o vindeiro luns, 26 de abril, polo que non será lectivo e permanecerá pechado ao trasladarse o festivo local a 1 de outubro de 2021.

INFORMACIÓN CONVOCATORIA ABAU (SELECTIVIDADE) 2021

Achegamos arquivos coa información sobre o procedemento de matrícula da ABAU ; o día da entrega de notas daremos os impresos e atenderemos as consultas sobre este particular. A matrícula se entregará na secretaría do centro o 21 de maio de 9 a 11 horas.

Achegamos tamén, o horario da ABAU, as ponderacións e as instrucións sobre as probas.

Enlace á páxina da CiUG  para completar esta información (modelos de exames, protocolos etc):  https://www.ciug.gal/gal/abau

Outros enderezos web:

CiUG : http://ciug.gal

NERTA: http://www.edu.xunta.es/nerta

Dúbidas ou incidencias ao correo electrónico: soporte.nerta@edu.xunta.gal

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PROBAS LIBRES DE TÍTULOS FP LOE 2020.21

 

Publlicado o calendario do proceso de admisión das probas libres de títulos de FP LOE

Período ordinario de admisión:

Presentación de solicitudes:  19 ao 30 de abril as 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes: 5 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional.  5 ao 7 de maio ata as 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes : 12 de maio

Admisión e matrícula:

Listaxe de persoas adxudicadas:  12 de maio

Matriculación: 12 ao 14 de maio ata as 13:00 horas

Liberados e adxudicación continuada: 19 ao 31 de maio ata as 13:00 horas

Lugar de presentación de solicitudes:

Nas secretarías de calquera centro público con oferta de probas libres ou empregar o asistente web para cubrir a solicitude: " ciclosadmision".

Achegamos arquivo coa oferta do noso centro e a información detallada sobre o procedemento

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA FAMILIAS

PARA PODER REALIZAR A ENQUISA DE CONVIVENCIA 2021 DEBERÁN EMPREGAR O CÓDIGO ENVÍADO A TRAVÉS DOS SEUS FILLOS/AS. 

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL.

O ENLACE PARA FACER A ENQUISA É:  https://edu.xunta.gal/convfamil

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN

O alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística participa no IX Aniversario do Centro de Día Sabarís

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.

A través da música, o baile e a narración dunha historia interactiva puxéronlle unha nota de cor a esta celebración. Toda a actividade tivo que realizarse no exterior e sen contacto directo coas persoas usuarias, a través das cristaleiras do centro, polos protocolos Covid-19 establecidos para este tipo de centros, polo que a organización da actividade supuxo todo un reto para o alumnado.

A relación entre a entidade e o IES xa é un habitual, posto que o alumnado, como forma de complementar a súa formación, interactúa coa comunidade que lle rodea, enriquecendo así a súa formación ó tempo que presta un servicio na súa contorna máis próxima.

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES

As probas para acceder aos ciclos superiores realizaranse no IES de TEIS en Vigo o 15 de abril.

Horario das probas:

9:00 presentación

9:30 a 13:00 , materias da parte común

16:00 a 18:30, materias da parte específica

 

Distribuir contido