PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA(PEM). CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

 

PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA (PEM). CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS

O plan estratéxico de mellora é un documento deseñado para desenvolver  uns obxectivos estratéxicos a través dunhas liñas de actuación que van dende o apoio ao alumnado vulnerable, os cambios das actitudes no centro ou o melloramento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e de organización,  e que se concretan en accións transformadoras dos centros. Como membros da comunidade escolar, remitimos ás familias este cuestionario para analizar as súas respostas e tratar de mellorar o noso centro educativo.

Enlace directo ao cuestionario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8cHOtac-7EzaDToOY6tdlsgqLgCC4LH4PguYeFO_jaDxDeg/viewform?usp=sf_link

Data límite 30 abril

AXUDASLE. PRAZO DE RECLAMACIÓN ATA O 17 DE ABRIL. INFORMACIÓN

INFORMACIÓN:

 

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocaron axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazo

1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.

Atentamente,

Convocatoria do Ministerio de Educación: becas de carácter xeral curso 23/24

Comunicámoslle información relevante relacionada coa convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24:

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Gala Solidaria ASANOG

O alumando de Animación Sociocultural e Turística está a organizar unha Gala Solidaria para recaudar fondos a favor de ASANOG (Asociación de Nenos/as Oncolóxicos de Galicia).

Na gala participarán tanto grupos de alumnado do IES Primeiro de Marzo como outras agrupacións e artístas do Val Miñor.

O gran evento terá lugar o próximo Venres día 10 de Marzo, ás 19:00 horas no Auditorio V Centenario de Baiona.

Agardamos contar coa vosa colaboración, difundindo o evento, colaborando económicamente, asistindo e disfrutando da gala.....

Moitas grazas!

FESTIVO LOCAL: 26 DE SETEMBRO DE 2022

AVISO:

 

LEMBRAMOS AS FAMILIAS E  A CIDADANÍA EN XERAL QUE O VINDEIRO, 26 DE SETEMBRO, O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR SER FESTIVO LOCAL EN BAIONA.

UN CORDIAL SAÚDO

PROBAS EXTRAORDINARIAS 1º/2º BACHARELATO/ 1º FPB. DEVOLUCIÓN LIBROS, ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

CALENDARIO FIN DE CURSO:

14 DE XUÑO: PROBAS EXTRAORDINARIAS DE PENDENTES DE 1º DE BACHARELATO (ALUMNADO DE 2º BACH)

20- 21-22 DE XUÑO : PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA 1º/2º BACH E 1º DE FPB

26 DE XUÑO: NOTAS EN ABALAR

27 DE XUÑO: ENTREGA  PRESENCIAL DOS BOLETÍNS DE NOTAS CO TITOR/A

                      DEVOLUCIÓN DE LIBROS NA BIBLIOTECA

                      RECOLLIDA SOBRES DE MATRÍCULA NA CONSERXERÍA

27 E 28 DE XUÑO: PERÍODO DE RECLAMACIÓNS NA SECRETARÍA DE 9:30 A 13:30 H.

29 DE XUÑO: A RESOLUCIÓN NOTIFICARASE ÁS 09:15 EN XEFATURA DE ESTUDOS.

ACHEGAMOS ARQUIVO CO CALENDARIO ESPECÍFICO

AVALIACIÓN ORDINARIA 1º BACH E 1º FPB

1º BACHARELATO

As notas da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato publicaranse en ABALAR a partir das 21 horas do luns, 6 de xuño de 2022. Os boletíns entregaranse presencialmente o día 7 ás 9:00 h da mañá no centro.

O período de reclamacións será o 7 e o 8 de xuño de 9:00 a 13:30 horas na secretaría do centro.

1º FPBÁSICA

As notas da avaliación ordinaria de 1º de FPB publicaranse en ABALAR a partir das 21 horas do martes, 7 de xuño de 2022. Os boletíns entregaranse presencialmente o día 8 ás 9:00 h da mañá no centro.

O período de reclamacións será o 8 e o 9 de xuño de 9:00 a 13:30 horas na secretaría do centro.

Encontro Comandos Igualdade celebrado o 22 de abril en Baiona

 

Equipos de Igualdade de diferentes institutos da provincia de Pontevedra e Toledo xuntáronse en Baiona para compartir boas prácticas en materia de coeducación

 

Alumnado e profesorado do IES Primeiro de Marzo organizaron un espazo de reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas

 
O equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, formado por alumnado de todas as etapas educativas do centro, organizou o I Encontro de Equipos de Igualdade da provincia de Pontevedra celebrado na mañá do venres 22 de abril no Parador de Turismo de Baiona. 
 
O encontro,que contou coa presenza do Equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, do Club Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda, a Brigada Violeta do IES Chapela e a participación especial da Asamblea Coeducativa do IES La Cañuela (Toledo), serviu para que o alumnado debatese sobre feminismo, diversidade e ferramentas para construír centros escolares libres de violencias machistas.
 
Ao acto, que contou coa colaboración do Parador de Turismo de Baiona, asistiron a Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, a Deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso, asi como Chis Oliveira, docente xubilada, dinamizadora de espazos libres de violencias machistas e mestra coeducadora referente en todo o país, que acompañaron ao alumnado e amosaron así o seu apoio a proxectos coeducadores realizados desde a escola pública.
 
As coordinadoras de igualdade dos diferentes institutos concluíron que o acontecido onte en Baiona debe ser un punto de inflexión para seguir tecendo rede coeducativa co gallo de intercambiar propostas e permitir ao alumnado espazos de libre expresión nos que intercambiar ideas entre diferentes puntos da xeografía galega e española. Alumnado e profesorado asistente saíron convencidas de que este foi o primeiro de moitos encontros de Comandos Igualdade. 

Apertas!

Distribuir contido