Calendario Setembro 2021

Calendario de Setembro

No seguinte documento adxunto poderán descargar o calendario de setembro que inclúe as datas de realización dos exames extraordinarios de setembro, as datas de recollida de notas e outra información do seu interese.

AVISO ALUMNADO 2º BACH. CURSO 2020/21

Poden recoller o historial académico, o certificado e a copia da matrícula ABAU. a partires do venres 2 de xullo na secretaría de 9:30 a 13:00 horas

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/22. Convocatoria de becas . Horario de verán

Publicamos a relación dos libros de texto para ESO, Bacharelato e 1º de  FPBásica. Non se precisan en Ciclo Superior.

NOTA:

A convocatoria de axudas ou bolsas para estudar bacharelato, FPB e Ciclo sairá a partires de xullo e o prazo rematará a finais de setembro ou principios de outubro, primeiro terán que estar matriculados nas ensinanzas, ben na convocatoria de xullo ou na de setembro.

A axudas se solicitan on line na web do MEC (Ministerio de  Educación y Cultura)

Enlaces: https://www.becaseducacion.gob.es/

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...

HORARIO DE VERÁN

Horario do IES en xullo e agosto:

Horario de atención ao público en xullo: 9:30 a 13:00 horas de luns a venres.

Horario de atención ao público en agosto (só atenderán na conserxería): 10:00 horas a 12:00 de luns a venres

ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO. DÍA 25 DE XUÑO

Achegamos no arquivo o calendario da entrega de notas e da devolución dos libros de texto en préstamo (venres 25 de xuño).

Atentamente. 

CALENDARIO DE MATRÍCULA ORDINARIA E INFORMACIÓN AO RESPECTO. CURSO 2021/22

Achegamos arquivos coa información e o calendario da matrícula ordinaria de xullo, os impresos e unha nota da ANPA.

Todos estos documentos estarán no sobre de matrícula que entregaremos en conserxería a finais de xuño.

CONVOCADAS PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA ALUMNADO

Orde do 31 de maio de 20212 (DOG) pola que se publica a convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22.

Prazos:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o 17 de xuño ao 9 de xullo incluído.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos entre o 17 de xuño ao 2 de agosto incluído.

Enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34354

INFORMACIÓN MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU, CALENDARIO E PROTOCOLO

Nos arquivos adxuntos está a información sobre o proceso da ABAU extraordinaria.

Tamén na secretaría do centro está ao seu dispor.

Convocatoria axudas económicas da FCT para alumnado de FP

Orde do 25 de maio de 20121, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado de FP que realiza o módulo FCT .

Prazo de solicitudes : de 3 de xuño ao 5 de xullo

Publicación da listaxe provisional : 6 de xullo

Listaxe definitiva : 16 de xullo

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E A OFERTA PARA CICLOS FORMATIVOS DE FP 2021/22

Publicamos información sobre os prazos de admisión a  réximen ordinario, réxime para persoas adultas, FP dual e cursos de especialización  para o curso 2021/22. 

Enlace da web de FP para solicitar a admisión nos ciclos: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

Para réximen ordinaria e persoas adultas:

Prazo : do 25 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xuño ás 13:00 horas

1ª adxudicación  e matrícula: do  20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.

2ª adxudicación e matrícula : do 28 de xullo ao 30 de xullo ás 13:00 horas.

Para FP Dual:

Prazo do 25 e xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas

Matrícula do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas.

Para curso de especialización:

Prazo: do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas

Matrícula do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas

A Oferta publicarase non videiros días na web da Consellería, ainda está a do curso 20/21

NOTA: Xuntamos, nos seguintes arquivos, toda a información sobre os procesos, prazos e o documento coa oferta para o curso 21.22 e o DOG coa orden que o regula para o réximen ordinario.

O noso centro oferta 18 prazas para FPBásica e 30 para Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística. Achegamos arquivo coa información do ciclo superior.

ALUMNADO ABAU. RECOLLER COPIA DA MATRÍCULA ABAU E CERTIFICACIÓN ACADÉMICA

Xa poden recoller en secretaría os documentos.

Un cordial saúdo.

Distribuir contido