Encontro Comandos Igualdade celebrado o 22 de abril en Baiona

Equipos de Igualdade de diferentes institutos da provincia de Pontevedra e Toledo xuntáronse en Baiona para compartir boas prácticas en materia de coeducación

Alumnado e profesorado do IES Primeiro de Marzo organizaron un espazo de reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas

O equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, formado por alumnado de todas as etapas educativas do centro, organizou o I Encontro de Equipos de Igualdade da provincia de Pontevedra celebrado na mañá do venres 22 de abril no Parador de Turismo de Baiona. 
 
O encontro,que contou coa presenza do Equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, do Club Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda, a Brigada Violeta do IES Chapela e a participación especial da Asamblea Coeducativa do IES La Cañuela (Toledo), serviu para que o alumnado debatese sobre feminismo, diversidade e ferramentas para construír centros escolares libres de violencias machistas.
 
Ao acto, que contou coa colaboración do Parador de Turismo de Baiona, asistiron a Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, a Deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso, asi como Chis Oliveira, docente xubilada, dinamizadora de espazos libres de violencias machistas e mestra coeducadora referente en todo o país, que acompañaron ao alumnado e amosaron así o seu apoio a proxectos coeducadores realizados desde a escola pública.
 
As coordinadoras de igualdade dos diferentes institutos concluíron que o acontecido onte en Baiona debe ser un punto de inflexión para seguir tecendo rede coeducativa co gallo de intercambiar propostas e permitir ao alumnado espazos de libre expresión nos que intercambiar ideas entre diferentes puntos da xeografía galega e española. Alumnado e profesorado asistente saíron convencidas de que este foi o primeiro de moitos encontros de Comandos Igualdade. 

Apertas!

III Certame de Poesía Beatriz da Serra.

Os EDLG dos centros educativos do Val Miñor convocamos o III Certame de Poesía Beatriz da Serra.
O prazo límite para a presentación de traballos será o 17 de maio.

Achegamos arquivo co cartel do certamen

COMUNICADO CONXUNTO SOBRE USO DE MÁSCARAS NO RECREO

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos- 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración,

Comunicado conxunta da Xunta de Galicia, ONGS e asociacións sobre a crise humanitaria en Ucraína

Xuntamos no arquivo o comunicado conxunto das asociacións, ONGS e Xunta de Galicia sobre a crise humanitaria polo conflito bélico en Ucraína.

SEDE DA PROBA PARA ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES

SEDE DAS PROBAS:   IES DE TEIS

Enderezo: Avenida de Galicia, 101, 36216 Vigo, Pontevedra
 
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS SUPERIORES
A proba realizarase o 28 de abril de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Parte común da proba:
–Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
Parte específica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.

COMUNICADO SOBRE A CONVOCATORIA DE FOLGA DE ESTUDANTES DO 8 DE MARZO DE 2022

Estimadas familias:

O sindicato de estudiantes convocou unha folga o vindeiro 8 de marzo de 2022, que afecta ao alumnado do noso centro.

Ante todo, facerlles chegar que a dirección deste centro respeta, como non podería ser doutro modo, o dereito á folga dos estudantes e demais colectivos.

De igual xeito, é a nosa obriga informarlles que, segundo a normativa vixente (Ley orgánica 2/2006, do 3 de maio, disposición final primeira) as decisións colectivas de inasistencia ás clases só poderán afectar ao alumnado a partir do terceiro curso da ESO. Estas inasistencias non terán consideración de falta de conducta nin serán obxecto de sanción por ser resultado do exercicio de dereito á reunión.

O alumnado de 1º e 2º da ESO non poderá participar e debe asistir ao centro no seu horario habitual.

O centro garante o dereito de quen non queira secundar a folga, a permanecer no mesmo debidamente atendido polo profesorado correspondente.

A dirección do centro-

Achegamos arquivos coa cartelería e información  sindical sobre a convocatoria

ENTROIDO E FESTIVO LOCAL

Do calendario escolar para este curso 2021/22, lembramos o seguinte:

Entroido: 28 de febreiro e 1, 2 de marzo

Festivo Local: 4 de marzo

VACACIÓNS DO NADAL

Lembrámoslles que as vacacións de Nadal comenzan o 22 de decembro e finalizan o 9 de xaneiro, voltaremos ás clases o luns, 10 de xaneiro de 2022.

Aproveitamos a ocasión de toda a Comunidade escolar para desexarlles moi Felices Festas e un bo Ano Novo.

Unha aperta.

Distribuir contido