RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR. SECTOR FAMILIAS. VOTACIÓN 25 DE NOVEMBRO

AVISO:

Día 25: Votación das familias para renovar aos membros no Consello Escolar do Centro

Lugar: entrada da conserxería do Centro.

Horario: de 16:00 a 18:30 horas

Moitas grazas pola colaboración e a disponibilidade

Especial Magosto en Radio Roca

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro encargouse de coordinar o traballo de alumnado de todos os niveis educativos que, de xeito voluntario, quixeron contribuir na organización desta celebración.

Concurso gastronómico coa castaña coma protagonista, tanto na modalidade de prato doce coma salgado, xogos populares, e, non podía ser doutro xeito, degustación de castañas asadas da mán do alumnado de FP Básica de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios.

 

 

Radio Roca, a radio comunitaria do IES Primeiro de Marzo, encargouse de dar cobertura da celebración do Magosto no noso centro.

Podes escoitar o programa aquí: Radio Roca - Especial Magosto

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS, CURSO 2021/22. INFORMACIÓN

Achegamos instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia do 12/11/2021

ALUMNADO DESTINATARIO:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar. Non terán que presentar solicitude

2. Non fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar por diferenes circunstancias:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2019)

b) Estea maticulado e educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda da unidade familiar.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

a) Forrmulario no centro educativo e copia do libro de familia ou documento equivalente, e se fora o caso, sentenza de divorcio ou convenio regulador.

b) No portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.gal

PRAZO: 10 días hábiles, do 15 ao 26 de novembro, ambos incluídos.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. Censo familias. Modelo candidatura

Aprobado pola Xunta Electoral o calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2021.

Xuntamos ficheiro do calendario, ficheiro co censo das  familias e modelo de presentación á candidatura (sector familias)

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo coa acta do sorteo de membros da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CURSO 2021/22

Para a Renovación Parcial do Consello Escolar é preciso facer o sorteo dos compoñentes, titulares e suplentes, que constituirán a Xunta Electotal. Dito sorteo, de carácter público, levarase a cabo o venres 29 de outubro ás 11:00, seguindo as instruccións da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro).

O mércores 3 de novembro ás 11:00 farase constitución da Xunta Electoral cos membros elexidos, tras convocatoria previa.

 

Para mais información consultar o documento adxunto.

 

As alumnas Inés Rey Torres e Fátima Míguez Lorenzo premiadas no certame literario "O enxeño engaiolado"

 

Inés Rey Torres, alumna de 1º Bacharelato B no IES Primeiro de Marzo, resultou gañadora do primeiro premio na categoría "Relato Curto" do certame literario O enxeño engaiolado, convocado pola Biblioteca Pública de Baiona por segundo ano, co relato “Arte vidriosa”.

Pola súa banda, Fátima Míguez Lorenzo alumna de 3ºESO-A resultou gañadora na categoría "Conto Infantil" do mesmo certame, co seu conto "Baiona, o soño"

 

Moitos parabéns a ambas!!!

 

Podedes disfrutar do relato de Inés premendo na seguinte ligazón.

E tamén do conto de Fátima premendo nestoutra ligazón.

O resto de relatos premiados aópase na sección de Cultura na Web do Concello de  Baiona

 

21 Outubro: Homes contra as Violencias Machistas

O 21 de outubro de 2006 celebrouse en Sevilla a primeira manifestación de homes contra a violencia de xénero celebrada en España. O aniversario desta cita converteuse nun símbolo para o movemento de homes que traballan por unha igualdade real entre homes e mulleres.
No ano 2013, no marco dun encontro estatal de asociacións de homes pola igualdade, realizouse a “Declaración de Barcelona”, e estableceuse o 21 de Outubro como o día no que grupos e asociacións de homes pola igualdade saen á rúa para visibilizar, ante a sociedade en xeral pero especialmente ante o colectivo masculino, o seu traballo pola igualdade e o seu rexeitamento á violencia machista.
 
E fano sinalando que:

Os homes non podemos permanecer en silencio

ante un problema tan grave como a violencia de xénero.
Temos que intervir, temos que mostrar o noso rexeitamento,
temos que ser parte da solución,
porque o silencio fainos cómplices”.
 
Por ese motivo Profesores e Alumnos do IES Primeiro de Marzo de Baiona, conscientes da necesidade de dar ese paso á fronte e posicionarnos activamente en contra da violencia machista, quixemos sumarnos a esta iniciativa e visibilizar o noso apoio e adhesión a estes movementos.
Pretende ser esta unha convocatoria que simbolice o arranque dun movemento que teña continuidade no noso centro e que se materialice de múltiples e diversas formas, aínda por definir, pero que sinalen o camiño para seguir cara a un cambio real nas relacións igualitarias entre mulleres e homes, e sobre todo na loita contra a violencia machista.

Matrícula en ciclo superior de Animación sociocultural e turística. Prazas vacantes

Admisión:

Vacantes: 17 prazas en cada un dos sete  módulos de 1º curso.

O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán: – As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. – Para tales efectos, o día 4 de outubro, os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. – A matrícula farase no prazo comprendido entre o 5 e o 8 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. – O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 8 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE BAIONA

INFORMAMOS DOS FESTIVOS LOCAIS DE BAIONA ( días non lectivos)

 

24 DE SETEMBRO: San Cosme e San Damián

 

1 DE OUTUBRO: Festa da Arribada

Distribuir contido