Skip to Content

Actividades

2324 Rafting 2ºCM

03/10/2023 10:00
03/10/2023 16:00

2324 Rafting 2ºCM

22/09/2023 10:00
22/09/2023 10:00

O alumnado do ciclo participa nunha actividade formativa do ciclo medio de guía no medio natural e de tempo libre.

 

CHARLAS MICOLÓXICAS

26/10/2020 20:12
26/10/2020 20:12

Un ano máis, o ex-profe deste centro: Antón Bécarres, veu facernos unha visita e compartiu a súa pasión polo mundo micolóxico.

 

ANDAINA POLO MEDIO AMBIENTE

14/12/2019
14/12/2019

O venres pasado tivo lugar unha andaina duns 10 km realizada polo alumnado do Ciclo, algúns profesores do centro e representantes do Concello do Porto do Son. O motivo foi poñer de manifesto a preocupación da nosa comunidade educativa pola situación actual de emerxencia climática. Tras rematar a ruta, Luis Oujo, alcalde do Porto do Son, participou nun acto no centro, onde se plantou unha árbore como símbolo do compromiso do IES nesta causa. 

 

ACTIVIDADES DO CICLO

17/11/2019
17/11/2019

O alumnado de Ciclo do centro está moi activo nos últimos días. O xoves participaron no I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en Ourense, e o venres, recibiron a visita dun responsable de FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para informalos da existencia de becas para poder realizar traballos en empresas.

ROTEIRO DO CASTRO 2018-19

13/02/2019
13/02/2019

Hoxe agasallounos o sol! Non só polo día tan fermoso, senón porque a ruta dos Castros foi unha expeciencia ben fermosa Sorriso Bravo polo ciclo, polo alumnado de 2º de ESO, e mil grazas a DISCAMINO!!!! A vila, a Atalaia, Fonforrón, a Arnela, as praias, o Castro... foron hoxe a aula. Un espazo de aprendizaxe, de convivencia, de valores! SonCine montará un vídeo, xa veredes como loce o sol! Logo virán proxectiños que enriquezan a saída!

 

 

 

 

 

 

 

 

VÍDEO DA VISITA DE DISCAMINO AO CENTRO

10/02/2019
10/02/2019

A finais de xaneiro xa contamos que Javier Pitillas, da asociación Discamino, veu ao IES a reunirse con alumnos de 2º de ESO e do Ciclo de actividades fisico-deportivas no medio natural. SonCine vén de montar este vídeo sobre a charla. Paga a pena adicar un tempiño para velo e escoitalo. Recollemos as palabras que acompañan a publicación: 

"A valoración do alumnado foi un 10. E a emoción e aprendizaxe que naceu da experiencia da súa xenerosidade inesquecible e exemplar lembrarémola sempre. Grazas a toda a asociación Discamino, a Javier Pitillas e a Javi, Fanny, Ana, David, Jose, Gerardo... pola súa alegría, vontade e ánimo. Estaredes sempre con nós."

  

Discamino from SonCine on Vimeo.

A RUTA DA AUGA, 2018-19

25/10/2018
25/10/2018

 

 

O luns, nun soleado día de outono, o alumnado do ciclo guiou 80 rapaces e rapazas de 1º de ESO dende o IES ata Cans! Non é tarefa fácil, os mozos e mozas do ciclo estréanse nunha das actividades que han desenvolver no seu futuro: conducir grupos no medio natural e facelo dende o respecto e a posta en valor da paisaxe, o patrimonio e a memoria. E fano ao grande! Agradecemos o seu esforzo e o compromiso de Alejandra, a súa profe. Sen eles esta actividade non sería posible. 

Esta iniciativa, que comezou no curso 2016-17 e continuou no 2017-18, forma parte das actividades de acollida ao alumnado máis novo do centro, enmarcada no Plan de Convivencia e no Plan de Acción Titorial e asenta unha das liñas de proxectos do centro. os roteiros. Na páxina do centro podedes ver o que se foi traballando sobre os puntos de interese da ruta. O entorno, un entorno de excepción, transformado en aula. No camiño, exercicio físico, recoñecer marcas de ruta, recoller lixo, a paisaxe, o EDAR (sempre tan agradables connosco), a auga, a natureza, o patrimonio, a memoria, botellas con mensaxes, xogos...!!!

 

Desta volta houbo tamén caras novas entre os profes: Juan, Sandra, Amy, Carmen, Nuria... Antón, sempre tan próximo e xeneroso, contándonos da importancia do EDAR. Fernando, aínda que non está no centro e anda enredado con angueiras no CAFI, achéganos no vídeo o cerne da ruta: "un proxecto para coñecer e coñecerse".

Comezamos!!!

 

 

A CÁMARA DE COMERCIO FOMENTANDO O DO EMPRENDEMENTO NO CICLO

29/11/2017
29/11/2017

Sandra Becerra estivo o venres pasado co alumnado do ciclo. Forma parte do programa de actividades da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela "Dinamización e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo": como saír da zona de confort, autoemprego, oportunidades dos medios tecnolóxicos, espectativas de futuro... Sen dúbida, unha xornada ben aproveitable! 

 

O ALUMNADO DO CICLO EN PENATREVINCA E POR TERRAS DE OURENSE

29/11/2017 09:03
29/11/2017 09:03

Prevista para comezos do mes pasado, finalmente o alumnado do ciclo puido realizar a semana pasada a saída a Penatrevinca. Andando por esas terras de Ourense estiveron tamén na Cántara de A Moura e nas termas de Outariz.

Podedes seguir as súas actividades tamén no seu Facebook buscando por "Ciclo de Actividades Físicas no Medio Natural".

Distribuir contido


by Dr. Radut