Skip to Content

Plan de actividades

CHARLA TERREMOTOS

19/03/2024 21:42

O pasado luns estivo no centro Carlos Nuñez, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxenería do campus de Lugo no marco das charlas “A Ponte” da USC, veu falar dos terremotos, e en concreto destes sucesos en Galicia e a probabilidade de que ocorran. Ensinou recursos dixitais para o estudo deste tipo de fenómenos e para a súa divulgación e explicou o motivo polo que non se espera un seísmo de gran magnitude na nosa comunidade.

 

Saída a Mondoñedo

10/03/2024 17:23

 

SAÍDA A MONDOÑEDO

10/03/2024 17:06

36 horas intensas de xeoloxía e moito máis!. O alumnado de Xeoloxía e ciencias ambientais e  Bioloxía de 2º de bacharelato tivo esta fin de semana unha saída ao norte de Lugo. Empezaron o venres 8 na praia de Augasantas (As Catedrais) no concello de Ribadeo, aínda que debido ao estado do mar non se puido ver en toda a súa extensión, serviu para entrar en contacto cos materiais xeolóxicos (cuarcitas e lousas) que non abundan pola nosa comarca. A continuación foron a Mondoñedo onde visitaron a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral. Logo foron coñecer o cemiterio vello da cidade onde se atopan as tumbas de Álvaro Cunqueiro, o poeta Leiras Pulpeiro e unha homenaxe ao autor da alborada do Himno galego Pascual Veiga. Pola tarde o percorrido pola cova do Rei Cintolo, a cova kárstica máis longa de Galiza, foi unha experiencia única. 

Ao día seguinte foron a Pontenova, para facer unha visita á mina Consuelo e aos fornos de Vilaoudriz. Alí contáronlles unha parte importante da historia da industria metalúrxica de principios do século XX: nestas minas extraíase e transformábase ferro para exportar a puntos do norte de Europa, sobre todo Alemaña.

Xa de volta, de camiño ao Son pararon no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño; no  museo e Castro de Viladonga e nas Penas de Rodas, xa graníticas.

A saída serviu ademais para afianzar as relacións entre o grupo e coller forzas para encarar o 3º trimestre!!!

Máis fotos AQUÍ

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

09/03/2024 20:32

 

 

OBRADOIRO DE BIOTECNOLOXÍA

02/03/2024 19:09

Este venres tivemos a visita de membros de Galbiotec, asociación de biotecnólogos de Galiza que na súa labor de promover a figura dos biotecnólogos e coa ansia de promover carreiras científicas impartiron unha charla ao alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía sobre biotecnoloxía, as súas aplicacións e retos futuros. Para finalizar ensináronlle ao alumnado como facer preparacións para a observación de diferentes fases do ciclo celular e observáronnas ao microscopio.

OBRA DE TEATRO: MEDEA

29/02/2024 18:05

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, fixeron unha saída a Lugo para asistir á función da obra de teatro MEDEA, visitar a cidade e o Templo romano de Santa Eulalia de Bóveda.

 

 

OBRA DE TEATRO: MEDEA

29/02/2024 17:48

O mércores 28 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, fixo unha saída a Lugo para asistir á función da obra de teatro MEDEA, dentro do festival de teatro grecolatino na sua vigésimoterceira edición, creado pola Sociedade de estudos clásicos.

Aproveitaron tamén para visitar a cidade de Lugo e para facer unha parada no Templo romano de Santa Eulalia de Bóveda.

Máis fotos AQUÍ

Campionato Interzonal de Cros

27/02/2024 17:21

Segunda fase na competición escolar de campo a través en Noia.

 

Campionato Interzonal de Cros

27/02/2024 16:33

Durante a mañá do martes 27 de febreiro tivo lugar a Segunda fase na competición escolar de campo a través. A ela só accederon os alumnos e alumnas clasificadas na fase zonal. No caso do noso IES, foron 5 (2 nenos, de 1º e 2º da ESO e 3 nenas de 2º da ESO). A proba desputouse no circuito de San Lázaro, en Noia.

Parabéns ás rapazas de 2º de ESO que conseguiron quedar no 3º posto por equipos e a Carmen Paz que conseguiu o 1º posto en individual!

 

 

Máis fotos AQUÍ 

 

DÍA DE ROSALÍA

24/02/2024 16:54

 

Distribuir contido


by Dr. Radut