Skip to Content

INFORMACIÓNS DA ANPA

INFORMACIÓNS DA ANPA

Charlas para nais e pais

16/05/2019

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)

Moitas grazas pola súa atención.

Asdo. o director

 

David Pérez Iglesias

 

SEMANA CULTURAL DO IES DE PORTO DO SON - 8 a 12 ABRIL

08/04/2019
12/04/2019

SEMANA CULTURAL DO IES DE PORTO DO SON - 8 a 12 ABRIL 

(Enlace a tríptico descargable en pdf)

  SEMANA CULTURAL DA SOSTIBILIDADE

 

 

8 a 12 de abril

 

 

“Vemos, ouvimos e lemos. Não podemos ignorar”

 

Sophia de Mello Breyner

 

CAFÉ SOLIDARIO! A cafetería do centro doará 20 céntimos á Asociación Española contra o Cancro



LUNS 8

08.20-9.10

Obradoiro de Etnobotánica, Lucía Ferreira, ciclo. Arredores (1ª parte)

08.45- 10.00

Obradoiro de cadernos reciclados, Ánxela, (VE) 1º A e B. Aula

10.00-10.20

Inauguración Semana Cultural

09.10-11.10

  • Obradoiro de Etnobotánica, Lucía Ferreira, 3º B. Arredores e aula
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 2º B. Corredor

10.20-11.10

  • Lugares  Resistencia. A humanización de espazos a través da Educación Artística, Estella Freire, (T.IN) 5º A e B e (DTII) 6º. Biblioteca
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 2º A. Corredor

11.10-12.00

Lugares  Resistencia. A humanización de espazos a través da Educación Artística, Estella Freire, ( AA ) 5º A e 5º B. Biblioteca

11.10-13.10

Obradoiro de Etnobotánica, Lucía Ferreira, 3º A. Arredores  e aula

12.20-13:10,

  • A utopía do vivir: educar para unha cultura da sustentabildade, Germán Vargas, 4º e Ciclo. Salón de actos
  • Obradoiro de Scratch dende a sostibilidade, alumnado seleccionado de 5ºA e Bº TIC a 1º B. Aula TIC 1
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 2º C. Corredor

13.10-14.00,

  • Obradoiro de Etnobotánica, Lucía Ferreira, ciclo. Aula (2ª parte)

16.00-18.00,

Obradoiro de radio. O micro non morde, Luís Pardo, selección de alumnado. Radio e aula TIC 1

16:20-18.00

Unha experiencia de alpinismo nos Andes dende a óptica da sostibilidade, Rubén Suárez Carballo, Ciclo e 5º. Salón de actos

16:20-17.10,

Os perigos das velutinas. Facemos trampas sostibles?, Comunidade de Montes de Baroña e Protección Civil do Son, 1º A e B. Biblioteca e patio

17.10-18.00,

  • Os perigos das velutinas. Facemos trampas sostibles?, Comunidade de Montes de Baroña e Protección Civil, 1º C e D. Biblioteca e patio
  • Cabeiro outing: sustainability, Héctor, 4º C. Praia


MARTES 9

08.20-14.00

 

Campionato Provincial de Orientación, Xogade,alumnado clasificado: Acea da Ma, Culleredo

 

08.20-09.10

 

Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 3º D. Corredor

 

08.20-10.00

 

  • Concurso Ti verás, Loli e TVG, Relixión, 1º, 4º e Bacharelato (REL). Salón de actos.
  • Cine, sostibilidade e debate. VE de 1º ESO. Biblioteca
  • Obradoiro de sostibilidade, VE de 4º.  Aula

 

10.20-12.00

 

  • Concurso Ti verás, Loli e TVG, Relixión, 2º, 3º de ESO e Bacharelato (REL).Salón de actos
  • Cine, sostibilidade e debate/manifesto. VE 2º (Aula)  e VE 3º (Aula)

 

11.10-12.00

 

Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 1º A. Corredor

 

12.20-13.00

 

Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 1º C. Corredor

 

10.50-12.00

 

Aplicación da biotecnoloxía e a enxeñaría ambiental, Francisco Omil, 5º A, B e 6º (TEC). Biblioteca

 

13.10- 14.00

 

Encontro con Andrea Maceiras, autora de O que sei do silencio, 3º. Salón de actos

 

 

 

 

 

 

 




MÉRCORES 10

08.20-14:00

 

Obradoiro de radio, Roberto Casal, grupo alumnado. Aula TIC e Radio

 

08.20-09.30

 

Obradoiro de cadernos reciclados, Ánxela, (VE) 1º C e D. Aula

 

8.20 a 9.10

 

A importancia dos cinco sentidos, GALP, 2º B, Biblioteca

 

9.10-10.00

 

A importancia dos cinco sentidos, GALP, 2º A, Biblioteca

 

10.20-11.10

  • Cambio climático: mitos, lendas e ciencia, J. Antonio Rodríguez Añón,4º e Ciclo. Salón de actos
  • A importancia dos cinco sentidos, GALP, 2º C, Biblioteca
  • Cabeiro outing: sustainability, Héctor, 5º A. Praia

 

11.10-12.00

  • Haikus e ilustración para a sostibilidade, María Míguez, 2º A. Aula
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 1º A, (LG).Corredor

 

12.20- 13.10

  • Obradoiro de Scratch dende a sostibilidade, 4º TIC a 1º C. Aula TIC 1
  • Obradoiro de champú ecolóxico, Ana Dapena, 3º D. Laboratorio

 

13.10-14.00

  • Haikus e ilustración para a sostibilidade, María Míguez, 2º B e C. Biblioteca
  • Cabeiro outing: sustainability, Héctor, 5º B. Praia

 

16.00-20.00

Cociñando menús sostibles no Viveiro de Empresas, Ánxela, 3B (VE). Viveiro de empresas

 

16.00-18.00

Curso de Primeiros Auxilios organizado pola ANPA, alumnado matriculado. Ximnasio



XOVES 11

08.20-9.10

 

Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 3º B (LG). Corredor

 

08.30h a 14.00

 

Camiño a Fontandurín. Reforestación e patrimonio nos montes de Baroña. Colaboración coa Comunidade de Montes e o Servizo de Medio Ambiente de Noia, Paisaxe 1º A e D, e 3º A  e C

 

8.40-14.00

 

V Xornada de Xuventude e Emprego, "Emprendendo dende o sustentable", ciclo e  4C, IAEE e ECO. Casa de Cultura

 

9.10-10.00

  • Obradoiro: un botón, unha costura…, 4º A. Aula

 

10.20-11.10

  • Obradoiro: un botón, unha costura…, 4º B. Aula 4º A
  • As cifras do cambio climático, Ana Dapena, 5º A e B. Salón de actos
  • Importancia da diversidade. A inclusión, GAPL+AMICOS, 2º ESO B. Biblioteca

 

11.10-12.00

 

Importancia da diversidade. A inclusión, GAPL+AMICOS, 2º ESO A. Biblioteca

12.00- 12.20

 

Degustación de menús sostibles, alumnado de 3º B, recreo e para 3º C. Salón de actos.

 

12.20-12.40

 

Degustación de menús sostibles, 3º B (VE), para 3º B (REL). Salón de actos

 

12.20-13.10

  • Obradoiro de champú ecolóxico, Ana Dapena, 3º D. Laboratorio
  • Obradoiro de Scratch dende a sostibilidade, alumnado seleccionado5º TIC a 1º D. Aula TIC 1
  • Importancia da diversidade. A inclusión, GAPL+AMICOS, 2º ESO C. Biblioteca



VENRES 12

08.20-9.10

  • Obradoiro de Adega. 1º ESO B. Aula circo
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 3º C, (LG). Corredor

 

8.30-14.00

Camiño a Fontandurín. Reforestación e patrimonio nos montes de Baroña. Coa Comunidade de Montes e o Servizo de Medio Ambiente de Noia, 3º B  e D, e ciclo

9.10 a 10.00

  • Obradoiro de Adega. 1º ESO A. Aula circo
  • Escape room. Sustainability, Inés, 2º C. Biblioteca e Laboratorio
  • Cabeiro outing: sustainability, Héctor, 4º A. Praia
  • Exposición Seoane, Día das Artes 2019, 3º A, (LG). Corredor

 

10.00-10.20

 

Entrega de premios de EPV, Seoane e Sostibilidade, alumnado premiado de 4º. Exposición

 

10.20-11.10

  • Obradoiro de Adega. 1º ESO D. Aula circo
  • Obradoiro de Scratch dende a sostibilidade, alumnado seleccionado4º TIC a 1º A. AulaTIC 1
  • Concerto do alumnado de músicade 4ºESO a 2º ESO. Salón de actos

 

11.10-12.00

  • Obradoiro de Adega. 1º ESO C. Aula circo
  • Obradoiro de Scratch dende a sostibilidade, de 5º B a 1ºB. Aula TIC 1
  • Cabeiro outing: sustainability, Héctor, 4º B. Praia
  • Escape room. Sustainability, Inés, 2º B. Biblioteca e Laboratorio

 

12.20-14.00

 

Clausura: documental Cruzar a fronteira. Viaxe a ítaca, Suso Montero, 4º ESO. Salón de actos

 

 

13.10-14.00

  • Escape room. Sustainability, Inés, 2º A. Biblioteca e Laboratorio

 

 

 

REGULACIÓN DO DEREITO DE REUNIÓN E E DAS AUSENCIAS COLECTIVAS CONVOCADAS POLO ALUMNADO

11/11/2018
14/11/2018

PROTOCOLO ENLACE 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/protocolo%20folga%20%282%29.pdf 

REGULACIÓN DO DEREITO DE REUNIÓN E E DAS AUSENCIAS COLECTIVAS CONVOCADAS POLO ALUMNADO

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

26/10/2018
26/11/2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.

Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:

  • 1 nai/pai/titor-a legal
  • 2 membros do alumnado
  • 4 membros do profesorado
  • (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)

Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.

Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.

Grazas pola súa participación.

PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

DATAS

ACTUACIÓNS

18 OUTUBRO 2018

● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral.

●   Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

25 OUTUBRO 2018

Primeira reunión da Xunta Electoral:

▪ Acto da súa constitución

▪ Aprobación do calendario de actuacións.

▪ Publicación nos taboleiros de anuncios:

        a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b) Dos correspondentes censos electorais.

▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 29/10 ao 7/11  2018

● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8-Novembro

(XOVES) 2018

●   Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral

 

14-Novembro, 10:00

(LUNS) 2018

●    Segunda reunión da Xunta Electoral:

▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

19-Novembro

(LUNS) 2018

●    Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018

●   Envío de:

▪   Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

▪   Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

●    Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23.

26-Novembro

(Luns) 2018

Eleccións

▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20

▪ Alumnado. Pola mañá nas clases.

▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas

▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00

27-Novembro

(Mércores) 2018

   Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

▪ Proclamación e publicación de candidatos electos.

▪ Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

●    Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

29-Decembro

(Xoves) 2018

   Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

▪ Constitución do Consello..

▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro 2018

● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018

IES de Porto do Son a 17/09/2018

 

PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

15/10/2018

O día 15/10/2018, luns, o equipo directivo, a orientadora e os titores e titoras presentarán o curso ás familias no seguinte horario:

1º ESO: 18:15h

2º ESO: 18:15h

3º ESO: 18:45h

4º ESO: 18:45h

BACHARELATO: 18:45h

 


INFORMACIÓNS XERAIS PARA AS FAMILIAS 

COMEZO DE CURSO 2023-24

03/09/2023
18/09/2023

 

 

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso 2023-2024 no seu horario lectivo:

8h20-14h00

16h20-18h00

O transporte escolar funcionará no horario habitual.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Caderno de benvida ao alumnado de 1ªESO

15/08/2018
21/09/2018


Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019

Podedes consultar aquí (neste enlace, ou no arquivo adxunto) o caderno coas informacións básicas do IES.

ABAU 2018 / INFORMACIÓNS

Distribuir contido


by Dr. Radut