Skip to Content

Novas do centro

REFLEXIÓN DAS CORRESPONDENTES XUVENÍS

14/03/2018

Ximena e Natalia, alumnas que forman parte do grupo do instituto de Correspondentes Xuvenís, achégannos unha reflexión ben atinanda sobre o que supuxo para elas o 8 de marzo e como o vivimos no centro.

Velaquí:

 

8 de marzo de 2018,

Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas

as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos

e as que contan con eles, 

para as que coidan dos demais e tamén delas mesmas,

para as que converten todo en enerxía e para as que 

precisan unha

luz no camiño.

Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos

e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes 

somos iguais 

porque somos persoas.

 

Nós, adolescentes, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios máis baixos, coida dos

rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos

fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!

Por iso as profesoras do IES de Porto do Son quixeron poñer o seu gran de area colaborando cuns mandís

tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.

Como sería un día sen mulleres?

 

 

IESON BLACK FRIDAY, Día contra a Violencia Machista

25/11/2017

Aquí estamos, facendo pensar. Pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás, as avoas... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade!

DE CAMIÑO A CASA...

"20 ANIVERSARIO" DO IES DE PORTO DO SON

O departamento de Orientación participa xunto con outros departamentos na celebración do “20 Aniversario” do Instituto que se está a celebrar dende o día 17 ao 24 de Xuño. Nas actividades que programou, contou coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da OMIX, ofrecendo información sobre recursos e programas dirixidos á mocidade.

Na páxina do centro podedes ver as actividades programadas para este evento. Asimesmo dende o stand de Orientación, amosamos o traballo que se realiza na aula específica do Centro, así como información de carácter académico-profesional.

 

 

Complementamos esta información coas seguintes charlas dirixidas a toda a comunidade educativa:

“Formación para o emprego e inserción laboral”. Don Antonio Rial Sánchez. Profesor titular da USC. Facultade de Ciencias da Educación.

 “O proceso de acreditación de competencias profesionais”. Don

Antonio Teira Rivas. Xefe do Departamento de acreditacións e probas do CIFP Coroso.

 “As accións formativas preferentemente para desempregados”. Don Martín Vidal Miranda.

Vicedirector do CIFP Coroso.

 “Aula mentor: formación a distancia a través de Internet”. Don Jesús Montero Sánchez.

Mestre de educación das persoas adultas do IES Campo de San Alberto e responsable da aula

Mentor de Noia.

 

 “Oferta formativa de FP”. Don José María Campa Barcia (Vicedirector) e  Santiago Díaz Barbeito. (Secretario) do CIFP Politécnico.

 

 

VÍDEO DA SEMANA CULTURAL 2016

 

Semana cultural no IES de Porto do Son    
 

Correspondentes_ies_porto_do_sonAs alumnas Alba Vázquez e Marta Bernárdez, Correspondentes Xuvenís do IES de Porto do Son, e a súa compañeira de clase, Nuria Noya, elaboraron un vídeo sobre a celebración da Semana Cultural do Centro, adicada ao tema Ciencia e Ficción.

O video pode verse en:

 https://vimeo.com/166209048

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

SEMANA CULTURAL

 

 MARIDAXE DE MATEMÁTICAS E INFORMÁTICA

 

O profesor Don Francisco Pena do Departamento de Matemática Aplicada da USC impartiu unha charla temática sobre Maridaxe de Matemáticas e Informática, dirixida ao alumnado de Bacharelato. Asimesmo tamén explicou a dobre grao en Enxeñaría informática e Matemáticas que se oferta no Campus de Santiago dende este curso académico.

 

 

Esta ponencia é unha actividade programada polo Departamento de Orientación e o de Matemáticas para celebrar a Semana Cultural do noso Centro adicada ao tema de Ciencia e Ficción, que se desenvolveu dende o día 25 ata o 29 de abril. Este acto resultou moi ben valorado tanto polos profesores como polo alumnado.

 

 

Podedes consultar a presentación empregada na charla na seguinte dirección: goo.gl/dKepc5. A través dos seus hipervínculos podedes visionar numerosas imaxes, noticias e videos interesantes relacionados coa investigación e que poñen de manifesto o avance tecnolóxico da nosa era dixital, como por exemplo, a simulación do fluxo sanguíneo por ordenador para unha cirurxía.

 

Animádevos e pinchade no enlace de arriba!

 

Protagonistas en Xuventude

Entrevista

CONCURSO GRANDES MICRORRELATOS PRENSA-ESCUELA.

 

Este certame convocado polo Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia contou coa participación de máis de 180 alumnos, entre eles alumnas do noso centro, que tomando como punto de partida unha noticia publicada por ese xornal tiñan que inventar un relato de ficción. A nosa compañeira María Santiago Mareque, de 1º de Bacharelato, obtivo o premio do xurado co seu texto Trosqui, o Hachiko galego, cun galardón dunha videocámara sport. Tamén a compañeira Rebeca Corrales Martínez, de 1º de Bacharelato, recibiu unha mención especial pola gran calidade do seu traballo titulado La nueva Cenicienta.

O grupo de Correspondentes xuvenís 3.0, felicitámolas polo seu éxito e convidamos aos centros participantes no programa de Correpondentes a que disfruten coas lecturas dos seus microrrelatos, que se poden ler no Blog da nosa biblioteca e na publicación da noticia. Se queredes saber un pouco máis sobre a súas creacións literarias, podedes consultar o xornal no que este fin de semana tamén volveron a ser protagonistas.

 

 

 

 

 

 

Na foto de abaixo grupo están xunto as gañadoras as nosas compañeiras tamén participantes neste concurso: Natalia Agraso, Antía Piñeiro e Ainhoa Foix; todas alumnas de 1º de Bacharelato, acompañadas da súa profesora Begoña Louzao. A foto da dereita corresponde á entrega do premio.

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

Se entrades no blog da bilioteca tamén veredes algunhas das actividades que se realizan no noso Centro, nalgunhas delas tamén participamos as alumnas correspondentes xuvenís e a nosa colaboradora Silvia (alumna da aula específica).

 

A correspondente xuvenil, Diana García fíxolles a seguinte entrevista ás alumnas gañadoras.

 

1. Por que te presentaches ao concurso?

María: Porque me gusta escribir e a profe convidounos a participar.

Rebeca: Porque me gusta escribir e na clase de literatura universal era unha actividade obrigatoria.

 

2. En que consistiu o teu traballo?

M: Escribín un relato sobre o can Trosqui porque me gusta todo o relacionado cos animais.

R: Escribín un relato sobre os malos tratos na parella por afondar máis nesta problemática e concienciar a sociedade.

 

3. Que sentiches ao saber que eras a gañadora?

M: Sentinme moi contenta.

R: Sentinme ilusionada e sorprendida.

 

4. En que consistiu o premio?

M: Déronme unha cámara de vídeo.

R: A satisfacción persoal polo recoñecemento ao microrrelato.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut