Skip to Content

XOGADE. PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS NO LORETO

25/01/2019

O alumnado do IES de Porto do Son participou hoxe Fase Intercomarcal de campo a través que se celebrou no campamento xuvenil Virxe do Loreto dentro do programa XOGADE. Iris Martínez correu na categoría infantil por estar clasificada de forma individual. Os cadetes fixeron unha excelente carreira tanto na categoría masculina como na feminina, e pasarán á fase Provincial que se disputará en febreiro. 

Alejandro Vázquez Calo quedou terceiro na clasificación individual!

Parabéns para todos!


 

JAVIER PITILLAS E A ASOCIACIÓN DISCAMINO

25/01/2019

Este mércores o alumnado do ciclo e o de 2º de ESO A asistiu a unha lección de vida, xenerosidade e superación persoal. Javier Pitillas e algúns dos membros da asociación DisCamino faláronnos deste ilusionante proxecto que permite a moitas persoas cumprir os seus soños, sentir o Camiño de Santiago. Pero non só este. Aí está tamén o camiño da vida, dos soños, das esperanzas. Dos sorrisos. Todo isto nos trouxeron e volverán compartir connosco o 13 de febreiro na ruta que faremos dende o IES ata o Castro de Baroña, un roteiro que se enmarca no traballo por proxectos e no plan de convivencia do centro. 

Moitas grazas por unha mañá tan especial!

EDUEMPRENDE EN 4º DE ESO

25/01/2019

O mércores o alumnado de 4º de ESO de Economía e Inicativas Emprendedoras asistiu á charla "Finanzas para mortais" a cargo do director da oficina do Banco Santander de Boiro, Iván Rodríguez, dentro do programa EDUEMPRENDE, Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia en colaboración co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica. Recibiron información sobre produtos bancarios como contas, tarxetas, préstamos, cambio de moedas, etc.

 

2ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS. XOGADE

21/01/2019

Os rapaces e rapazas do IES de Porto do Son participaron na segunda proba de campo a través celebrada no Loreto o xoves 17 de xaneiro.  Clasificámonos como segundos en cadetes, tanto en categoría masculina como feminina. Iris Martínez clasificouse na proba individual dentro da categoía infantil. Posicionámonos con serias opcións de facelo ven este venres no intercomarcal. Fixeron todos unha moi boa carreira e tiveron un excelente comportamento. Parabéns!

 

PLÁSTICOS NO MAR E ESPAZOS PROTEXIDOS

20/01/2019

Continuamos coas charlas e obradoiros do programa Conciencia para o alumnado de 2º de ESO no segundo trimestre. Podedes ler as entradas no blog da biblioteca:

Plásticos no mar, a enfermidade do planeta

 

 

Espazos protexidos. Figuras de protección

CORRESPONDENTES XUVENÍS 2018-19

18/01/2019

Presentamos o novo grupo de Correspondentes XuvenÍs, dez alumnos e alumnas que, durante o curso escolar, divulgarán información relativa ás diferentes actividades, concursos e proxectos de interese persoal e académico- profesional para o alumnado e a comunidade educativa en xeral. Son as nosas "antenas informativas"! 

Enmárcase no Plan Proxecta e está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Departamento de Orientación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Algúns formaban parte deste grupo de voluntariado xa en cursos anteriores; outros incorporáronse este curso. Esta fin de semana asistirán ao Encontro de Correspondentes Xuvenís 2018-19.

De seguro van disfrutar e aprender da experiencia!!

Aquí están, diante do punto de información que manterán actualizado.

Grazas!!!! É un luxo poder contar cun equipo coma o voso!

 

 

 

21 DE DECEMBRO. XORNADA DA SOSTIBILIDADE

21/12/2018

O IES de do Son deséxavos un feliz 2019! Un 2019 sostible, xusto, libre, igualitario, pleno nos dereitos, identitario e con vontade universal...

O 21 foi unha festa, unha Xornada da Sostibilidade, para ir asentando alicerces firmes! Pensar, actuar, comprometerse para plantar sementes que han de agromar na esperanza de futuro para o planeta! Grazas a tod@s! O alumnado, o profesorado, as nais... por facer desta xornada un día de celebración!

Xornada da Sostibilidade

More presentations from etikeles

CON LEDICIA COSTAS E "A SEÑORITA BUBBLE"

20/12/2018

Hoxe estivo connosco Ledicia Costas para falar co alumnado de 1º de ESO sobre a obra que leron neste trimestre en Lingua Galega: A señorita Bubble. Podedes ler máis sobre a visita no blog da biblioteca.

A LINGUAXE DE SIGNOS PARA FELICITAR AS FESTAS

20/12/2018

Rocío, a nosa compañeira do departamento de Orientación, ensinou aos rapaces e rapazas de 1º de ESO outra forma de contar, de comunicarse. Coas súas mans e a linguaxe de signos felicitáronnos as Festas!

  

COLABORAMOS CO BANCO DE ALIMENTOS "RÍAS ALTAS"

20/12/2018

Son tempos de solidariedade. Axudar a quen o precisa tamén é sostibilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut