Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

11/04/2018 22:23

Alumnos/as da ESO participaron no Campionato Escolar Provincial de Orientación, que se celebrou en Culleredo (A Coruña) o mércores 11 de abril. O alumnado de Ciclo acompañoulles, desempeñando unha moi boa labor como técnicos/as. 

Conseguimos os obxectivos marcados:

-Facer actividade física.

-Divertirse cunha actividade física no medio natural.

-Relacionarse con alumnos/as de outros centros.

-Orientarse a través dun mapa.

A maiores disto, conseguimos algunha medalla (noraboa a Eloi (3º) e Nerea (3º)), 12 alumnos/as clasificaronse para o Campionato Galego e gracias a participación de todos/as quedamos SUBCAMPIONS en ORIENTACIÓN por CENTROS.

IV XORNADA XUVENTUDE E EMPREGO

05/04/2018 17:40

O Ciclo e alumnos/as de 4º ESO acudiron a IV XORNADA XUVENTUDE E EMPREGO, organizada polo Concello de Porto do Son. O tema abordado este ano foi o tema interdisciplinar do centro deste curso: a COMUNICACIÓN. Que importante a comunicación!! Importantísima nas nosas vidas, nas nosas profesións. Tivemos unha sesión práctica sobre "Ferramentas de Comunicación e Oratoria" (impartida por Alejandra Sánchez Barge) e posteriormente unha mesa redonda co tema "A importancia da comunicación no ámbito persoal e profesional: habilidade, estratexias e ferramentas". Cerramos a xornada coa actuación musical de Thais Rudiño (finalista do programa La Voz e participante na mesa redonda da xornada).

Podedes ver mais fotos premendo aquí.

   

Campionato Interzonal de Orientación

04/04/2018 21:02

Despois de que o ciclo impartise unhas sesións de orientación na ESO, tocou chequearse a ver se se animaban a participar nunha carreira de orientación entre os institutos da zona. Mais de 400 orientadores/ras xuntánronse no parque da Cachada (Boiro), dos que case 50 eran alumnos/as do noso centro (sendo case a metade do noso grupo alumnAS de 1º ESO).

Os/as alumnos/as do ciclo acompañaron os/as rapaces/zas facendo tareas de técnico. Fixérono estupendamente!!

Por certo, conseguimos algunha medalla, noraboa a Lois, Valeria, Eloi e Nerea por eses resultados. Pero sobre todo noraboa a TODOS/AS por participar, por ser activos, por ter iniciativa, por esa boa actitude e por orientarvos!! Seguinte parada o Campionato Provincial de Orientación en Acea da Ma (Culleredo, A Coruña).

Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí.

VIAXE A BURGOS

01/04/2018

O alumnado de 1º de Bacharelato e un grupo de 4º de ESO, viaxou nos últimos días do trimestre a Burgos nunha saída dos departamentos de Bioloxía e Educación Física. Cunha parada en León, logo en Burgos, Atapuerca e o Museo da Evolución. Tamén espeleoloxía en Puras de Villafranca. Uns días ben aproveitados!

    

 

 

VELA ADAPTADA

23/03/2018

O mércores 21 de marzo o Ciclo desprazouse ata Baiona para asistir ó "III Seminario sobre Didáctica do Deporte Adaptado: Vela Adaptada". Descubrimos un proxecto ben diseñado, organizado e con ilusión para persoas con diversidade funcional. Tivemos unha parte teórica, onde nos explicaron como se financiaban, tipos de embarcacións e como era o proxecto que estan a desenvolver na actualidade. Pasamos á parte práctica, onde puidemos observar en primeira fila como navegaba Cesar (participante neste proxecto). Gracias ó Monte Real Club de Yates de Baiona por este seminario, a Cesar polo seu testimonio e presencia, foi un placer velo navegar!!.

Podedes ver as fotos na páxina de facebook do ciclo.

A ESQUIAR TOCA!!

22/03/2018

Os do ciclo somos de aproveitar o que ven. Este inverno veu cargadiño de neve, asi que mochilas ó bus xunto cos ciclos de Gondomar e Arteixo, e nos desprazamos ata Pajares (Asturias). Estas saídas son complicadas de organizar, 3 institutos, 3 ciclos, con profes diferentes pero moito mais enriquecedoras para o alumnado e profes do complicada que pode ser a súa xestión. Os/as alumnos/as fixeron esqui, snown, dirixiron xogos, e intentamos que se achegaran un pouco mais o rol que lles toca, o de TÉCNICOS.

 

ONDA TI! SEMANA CULTURAL DA COMUNICACIÓN

22/03/2018

 

 

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...!

Do 3 ao 9 de abril. Aquí vos deixamos o programa. Enviaremos ás casas o tríptico, pero tamén podedes descargar o pdf.

Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible).

Estades convidados a achegarvos polo centro!

Nº 2 DE LAMBDA, REVISTA SOBRE MATEMÁTICAS RECREATIVAS E CURIOSIDADES

22/03/2018

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgación científica en galego! 

Podedes vela neste enlace.

REFLEXIÓN DAS CORRESPONDENTES XUVENÍS

14/03/2018

Ximena e Natalia, alumnas que forman parte do grupo do instituto de Correspondentes Xuvenís, achégannos unha reflexión ben atinanda sobre o que supuxo para elas o 8 de marzo e como o vivimos no centro.

Velaquí:

 

8 de marzo de 2018,

Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas

as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos

e as que contan con eles, 

para as que coidan dos demais e tamén delas mesmas,

para as que converten todo en enerxía e para as que 

precisan unha

luz no camiño.

Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos

e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes 

somos iguais 

porque somos persoas.

 

Nós, adolescentes, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios máis baixos, coida dos

rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos

fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!

Por iso as profesoras do IES de Porto do Son quixeron poñer o seu gran de area colaborando cuns mandís

tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.

Como sería un día sen mulleres?

 

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER!

07/03/2018

Hoxe, véspera do Día da Muller, deixamos colacada unha pancarta que se une ás dos cursos anteriores reclamando dereitos, denunciando inxustizas. E tamén penduramos os nosos mandís "tuneados" cos nosos "porqués" e cos nosos"para que", cos nosos berros!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut