Eventos - Filtro:
Dom | ||
---|---|---|
Enlace á web: http://www.edu.xunta.es/fp/plan-acreditacion-experiencia-profesional Convocatoria Mellora o teu futuro profesional do 13 de xaneiro ao 07 de febreiro Pon en valor a túa experiencia laboral A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe. Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos. Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.
Acredita toda unha vida de traballo Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.
Acredítate!! Despois de agardar durante o pasado outono tan chuvioso, aproveitamos un día de inverno no que saiu timidamente o sol e parou o nordés, para facer a Ruta da Auga coas rapazas e rapaces de 1º da ESO. Este curso foi unha ruta máis curta, axustándonos ao horario lectivo de mañá. Aínda así, non se perdeu a esencia da ruta, con ese obxectivo transversal baseado na auga e que seguiremos traballando nas clases.
|