Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 16/05/2019 12:00
No segundo recreo do xoves 16, no marco do Día das Letras Galegas, farase entrega na biblioteca dos premios do concurso "Luís Seoane: cor e mais palabra". Quere ser unha homenaxe ao pintor celebrado no Día das Artes e ao tempo, a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras! Ver Galiza aos ollos da cor e a palabra. Manter a memoria que nos dá identidade. Estimadas familias: A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC. Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías. Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos. Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación. Calendario: Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol
Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.) Moitas grazas pola súa atención. Asdo. o director
David Pérez Iglesias
A Cruz Vermella de Noia imparte un obradoiro de Primeiros Auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia. Esta semana o alumnado da ESO participou no "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", da Consellería de Educación. Asistiu ás charlas sobre uso de novas tecnoloxías, drogas e alcohol, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Somos conscientes da necesidade de que o alumnado se forme o máis posible de cara ao seu desenvolvemento integral como persoas responsables tanto consigo mesmo como coa comunidade da que forman parte. |