Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xaneiro 21, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
21
all day

Os rapaces e rapazas do IES de Porto do Son participaron na segunda proba de campo a través celebrada no Loreto o xoves 17 de xaneiro.  Clasificámonos como segundos en cadetes, tanto en categoría masculina como feminina. Iris Martínez clasificouse na proba individual dentro da categoía infantil. Posicionámonos con serias opcións de facelo ven este venres no intercomarcal. Fixeron todos unha moi boa carreira e tiveron un excelente comportamento. Parabéns!

 

22
23
all day

De 10:00h a 11:30h, programa Eduemprende para o alumnado de 4 ESO C de Economía e IAEE. 

all day

Alumnado do ciclo, charla coloquio con Javier Pitillas sobre a diversidade funcional e aspectos de organización. Asociación DisCamino. Hora sen determinar. Salón de actos.

24
all day

Sostibilidade. “Espazos protexidos. Figuras de protección”. Taller de GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. Na biblioteca.

•De 8:20h a 9:10h, 2ºA (ITI)

•De 9:10h a 10:20h, 2ºB (TIT)

 

 

25
all day

De 9:00h a 14:00h, saída para o alumnado de 2º de bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra: visita ao EDAR / Planta de reciclaxe de Servia (Lousame) e vertedoiro do Enxa.  

all day

De a 11:10 a 14:00h , o alumnado clasificado na proba de Xogade do xoves 17, participará na proba intercomarcal no Loreto. 

all day

O mércores o alumnado de 4º de ESO de Economía e Inicativas Emprendedoras asistiu á charla "Finanzas para mortais" a cargo do director da oficina do Banco Santander de Boiro, Iván Rodríguez, dentro do programa EDUEMPRENDE, Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia en colaboración co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica. Recibiron información sobre produtos bancarios como contas, tarxetas, préstamos, cambio de moedas, etc.

 

all day

O alumnado do IES de Porto do Son participou hoxe Fase Intercomarcal de campo a través que se celebrou no campamento xuvenil Virxe do Loreto dentro do programa XOGADE. Iris Martínez correu na categoría infantil por estar clasificada de forma individual. Os cadetes fixeron unha excelente carreira tanto na categoría masculina como na feminina, e pasarán á fase Provincial que se disputará en febreiro. 

Alejandro Vázquez Calo quedou terceiro na clasificación individual!

Parabéns para todos!


 

all day

Este mércores o alumnado do ciclo e o de 2º de ESO A asistiu a unha lección de vida, xenerosidade e superación persoal. Javier Pitillas e algúns dos membros da asociación DisCamino faláronnos deste ilusionante proxecto que permite a moitas persoas cumprir os seus soños, sentir o Camiño de Santiago. Pero non só este. Aí está tamén o camiño da vida, dos soños, das esperanzas. Dos sorrisos. Todo isto nos trouxeron e volverán compartir connosco o 13 de febreiro na ruta que faremos dende o IES ata o Castro de Baroña, un roteiro que se enmarca no traballo por proxectos e no plan de convivencia do centro. 

Moitas grazas por unha mañá tan especial!

26
all day

No marco da SOSTIBILIDADE como tema interdisciplinario de centro, o alumnado de 2º de bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra fixo onte a ruta do lixo. Xeración tras xeración  aprenden moitísimo sobre a xestión do lixo que producimos nas nosas casas e no centro, e esta aprendizaxe conleva unha reflexión sobre os hábitos de consumo que temos tan arraigados.

A ruta comezou visitando o Complexo Medioambiental do Barbanza situado en Servia (Lousame), onde se xestionan os Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de nove concellos, entre eles o Porto do Son. Alí separan os compoñentes sólidos do lixo que xeramos para ser reciclados (vidro, papel, inorgánico) e, o máis importante, coa fracción orgánica fabrican compost que pode voltar á terra para ser abonada. 

A segunda parada foi na EDAR do Porto do Son onde nos mostraron como se limpa a auga residual para devolvela ao medio nunhas condicións óptimas.

 

Finalmente visitamos no monte Enxa o antigo vertedoiro incontrolado onde se botaba todo o lixo que producía o Concello do Porto do Son. Tamén está ben coñecer de primeira man as medidas pouco sustentables dunha xestión incorrecta dos nosos residuos.

 

 

 

all day

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, coa profesora de Tecnoloxía Paloma Lavandeira, comezou onte a facer da aula na que se ubicará o Espazo Maker un lugar de seu. Xa formaron parte no curso 2016-17 da auditoría sobre o uso dos recursos enerxéticos. Co aforro derivado das medidas xeradas a partir desta revisión puidemos crear este curso a Aula de Xogos. Aí están, formando parte da innovación no centro! Grazas a eles e ao profesorado implicado nestas dinámicas. Cremos que, sen dúbida, este é un dos camiños que debe seguir o ensino!

       

     

    

   

 

27
Distribuir contido


by Dr. Radut