Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Novembro 20, 2018 »
Mar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.

Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:

  • 1 nai/pai/titor-a legal
  • 2 membros do alumnado
  • 4 membros do profesorado
  • (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)

Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.

Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.

Grazas pola súa participación.

PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

DATAS

ACTUACIÓNS

18 OUTUBRO 2018

● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral.

●   Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

25 OUTUBRO 2018

Primeira reunión da Xunta Electoral:

▪ Acto da súa constitución

▪ Aprobación do calendario de actuacións.

▪ Publicación nos taboleiros de anuncios:

        a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b) Dos correspondentes censos electorais.

▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 29/10 ao 7/11  2018

● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8-Novembro

(XOVES) 2018

●   Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral

 

14-Novembro, 10:00

(LUNS) 2018

●    Segunda reunión da Xunta Electoral:

▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

19-Novembro

(LUNS) 2018

●    Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018

●   Envío de:

▪   Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

▪   Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

●    Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23.

26-Novembro

(Luns) 2018

Eleccións

▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20

▪ Alumnado. Pola mañá nas clases.

▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas

▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00

27-Novembro

(Mércores) 2018

   Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

▪ Proclamación e publicación de candidatos electos.

▪ Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

●    Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

29-Decembro

(Xoves) 2018

   Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

▪ Constitución do Consello..

▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro 2018

● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018

IES de Porto do Son a 17/09/2018

 

Héctor Cajaraville, recentemente homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, nesta ocasión co Merlín de Literatura Infantil ,  estivo a semana pasada no noso centro para falar co alumnado de 3º de ESO da obra que leron neste trimestre, O segredo da casa de Formoso. Podedes ler máis no blog da biblioteca. 

Parecía que a chuvia non quería que fixésemos o magosto. Persistente, fíxonos mudar as datas ata que, o venres pasado, o sol quentou con forza para acompañar as castañas e a paella de outono (que vén sendo xa unha tradición: cogumelos, verduriñas...) tan ben preparada por Antón e por Rosi. E tamén xogamos!!! As mozas e o mozos do ciclo e de Antropoloxía foron uns magníficos animadores! Xa que andamos na concienciación da necesidade de comprometernos coa sostibilidade, a carón das castañas estiveron o tres en raia, a goma, a corda, os trompos, a petanca, os aros, a chave... Ata bailamos!!! Por riba, quedou o patio ben limpo! Grazas a todos e todas por un día tan gorentoso e agradable! 

Van algunhas imaxes mentres preparamos o vídeoSorriso

  

 

 

 

  

Onte pola tarde, Pilar Díaz e Noemí Pedrós, do Centro de Recuperación Integral para vítimas de violencia machista (CRI) estivo co alumnado do centro traballando o tema da violencia de xénero, no marco do 25 de novembro, data de conmemoración e concienciación deste grave problema social que semella ternos acorados en tempos de involución da humanidade. Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación e insírese no Plan de Acción Titorial. 

Que sucede cando os mozos e mozas, cando calquera de nós se deixa levar polo grupo, por un "lider", polo "socialmente habitual"? 

Cal foi o papel da muller na historia? Cando acadamos o dereito a votar, o acceso ao emprego e á independencia económica, o dereito á propiedade, o dereito a viaxar soa? Por que entre 1944 e 1963 o adulterio da muller podía atenuar ou mesmo xustificar o asasinato a mans do seu marido? 

Cales son as raíces tan fondas dos medos da muller? Por que a falta de respaldo legal e protección efectiva? 

Que causas levan a datas como estas...? (datos de Feminicidio.net)

Esta mañá alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, achegouse á Casa de Cultura de Porto do Son para asistir á representación do espectáculo Tempestades, de Ricardo Frazer. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut