Eventos
Mar | ||
---|---|---|
O tempo deunos unha tregua e puidemos levar a cabo esta actividade aprazada pola choiva da Semana Cultural. Alumnos e as de 1º ESO da asignatura de Paisaxe, xunto cos alumnos/as de 3º ESO e o alumnado do CICLO dentro da materia de Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre, plantamos ameneiros, bidueiros, castaños...,visitamos os muíños e a capela de San Tomé, xunto cos petróglifos da Gurita e os arrededores. Actividade organizada coa Comunidade de Montes de Baroña, transmitíndonos tradición, respecto e responsabilidade polo patrimonio e polo medio ambiente.
Start: 24/04/2018 19:34
A FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) achegouse ó noso centro para impartir unha charla sobre "Deporte e diversidade funcional: disCapacidade auditiva".
En 1995 a UNESCO escollía o 23 de abril como data da celebración do Día do Libro e dos Dereitos de Autor. E nós tamén o celebramos na biblioteca! Nos recreos os alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato léronnos os seus microrrelatos que crearon nun proxecto de narración e ilustración na materia de Lingua Castelá. Agradecemos a María Míguez e a María Mayo a iniciativa e a colaboración co equipo de biblioteca na conmemoración desta data! Convidámosvos a lelos! Parabéns ao alumnado.
Despois de 2 sesións de orientación impartidas polo CICLO, 1 Campionato Interzonal (Boiro), 1 Campionato Provincial (Culleredo), chegou o momento do Campionato Galego (Monte Pedroso, Santiago). O alumnado clasificado previamente participou este sabado nesta carreira. Lectura de mapa, interpretación de curvas de nivel, algo de brúxula, moita concentración e máis de diversión.
Os/as nosos/as representantes: Xavi, Indra, Joel, Uxia, Eloi e Nerea (subcampioa galega) fixérono estupendamente!!!
Noraboa a todxs!!
|