Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Do 29 de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). Obradoiro de radio para profesorado dentro do proxecto de "Radio na biblio" para o que o noso centro foi seleccionado. Imparte a docencia Javier Prado. De 16:30h a 19:30h.
· Mércores 31 de 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado de IAEE e Economía de 4º de ESO, aula Galaxia. Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e Valeria Lorenzo Olveira de 2º B (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña).
Na Aula Galaxia, o alumnado de IAAE e de Economía de 4º de ESO recibiu a Manuel Gómez Rodríguez, director oficina do Banco Santander Noia, quen lles explicou como moverse nas operacións bancarias pola rede e como empregar as tarxetas con seguridade. Tamén os informou, entre outros temas, sobre distintas actividades do ámbito económico relacionadas co seu sector. A actividade enmárcase no programa de Eduemprende. Unha mañá ben útil!!!
|