Eventos - Filtro:
Dom | ||
---|---|---|
A biblioteca do centro celebra o Samaín sacando os fondos aos corredores, con curtas de medo e cun concurso de relatos de medo.
Noia está estes días engalanada para recibir a sétima arte e nós asistimos o venres pasado como convidados á sección “Curta Cativa”, no Coliseo Noela. En colaboración con "Aldeas Infantís", que celebra este ano o seu 50 aniversario, proxectaron as curtametraxes Distintos, Vuelta al mundo, Princesa de hielo, e Pez, que se enmarcan dentro do programa que permite levar a cabo a loita polos dereitos infantís “Yo también cuento”. Na mesma liña, The Box, que nos emocionou lembrándonos o problema dos nenos refuxiados que foxen da guerra de Siria. O alumnado de 2º de ESO disfrutou unha mañá de cine e valores. A saída insírese no tema interdisciplinar da Comunicación e ten especial interese para os mozos e mozas que cursan a materia de ITI, centrada neste nivel no tratamento da alfabetización audiovisual.
O alumnado de 4º de ESO visitou o venres pasado as minas de San Finx. Foi unha saída interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia que complementa o traballo realizado a partir da lectura da obra Febre, de Hector Carré, ambientada na zona de Noia e Lousame na época da "febre do wolframio". Os guías mostráronlles os diferentes espazos da zona, a sala do museo e déronlles unha charla sobre a historia da mina. Hai uns anos o autor estivera no centro e, daquela, o alumnado, que tamén se desprazara a Noia e á mina, fixéralle unha entrevista ao autor na nosa biblioteca.
|
![Events at <em>IES Porto do Son</em> Distribuir contido](/centros/iesportoson/misc/feed.png)