Skip to Content

Poesía

Día Mundial da Poesía 2023: videopoemas de 1º de Bacharelato de Literatura Universal

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía o alumnado do 1º de Bacharelato de Literatura Universal elaborou videopoemas a partir de composicións de autores tan relevantes como Novalis ou Lord Byron. 

Veredes que a poesía traspasa épocas e fronteiras e que é o alimento da parte espiritual que temos todos. 

 

 

Rosalía na lingua de Molière

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o alumnado de Francés de 1º de Bac fixo un traballo de tradución do poema "Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros" e adaptouno ao francés. Logo fixeron esta pequena montaxe para celebrar hoxe o día da poesía. 

Día da Poesía 2023: Adiviña os títulos de poemarios da literatura universal

Para celebrar o Dia da Poesía, o alumnado de Literatura Universal ideou estes dous libriños nos que nos retan a adiviñar os títulos de poemarios famosos descifrando o significado de emoticonas.  

A ver cantos sodes capaces de recoñecer...

Os primeiros son máis doados: 

 

Estes son máis difíciles: 

 

Día da Poesía 2023: videopoemas de Noriega Varela e Cabanillas

Con motivo da celebración do Día da Poesía o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Literatura galega do século XX e XXI preparou algúns videopoemas de dous dos autores que inauguran o século XX: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas. 

Escoitar ou ler poesía fai que experimentemos emocións por tratarse dun xénero literario no que fundamentalmente se expresan sentimentos. Convidámosvos a ver e escoitar cada un destes videopoemas e deixar que afloren as vosas emocións. 

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Temos programado un obradoiro de poesía con Carlos Negro que terá lugar na biblioteca no centro o vindeiro mércores, día 16 de novembro. A actividade que vai destinada ao alumnado de 3º ESO estimulará a escritura creativa. O poeta falaralles dos roles, dos estereotipos de xénero, de igualdade e das "novas" masculinidades. 
 
Se queres coñecer parte da súa obra, podes atopar os seguintes exemplares na biblioteca.

Poesía:
- Makinaria (2009). Xerais.
- Penúltimas tendencias (2014). Xerais.
- Masculino singular (2016) Xerais.
- Aplicación instantánea (2018), Xerais.

Narrativa:
- Non cantan paxaros neste bosque
(2021). Xerais.

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Obradoiro de poesía a cargo de Carlos Negro : Luns 1 de abril ás 10h15 na biblioteca.
 
 

Poesía en acrósticos

Mural de poesía en acrósticos para celebrar a primavera. Un traballo do alumnado de 1º de ESO en lingua castelá. Aquí

Día da poesía


Feliz día da poesía!


Traballo feito polo alumnado de francés 2º de Bach.

Actuación de AldaoLado en Burela

O pasado 11 de maio, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES Perdouro xuntos a outros alumnos do IES Monte Castelo acudiron ao auditorio de Burela para asistir a actuación de AldaoLado. As poetisas María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982), coa súa guitarra, presentaron un recital poético nun formato fora do habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con  música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma. Ademais fixeron unha adaptación dunha canción de Rocío Jurado, en galego, "Porque yo te amo" para repasar a colocación dos pronomes. Antes de rematar, compuxeron un poema colectivo a partir de versos de diferentes poetas galegos. Repartiron os fragmentos entre o alumnado que recitou de xeito aleatorio para facer un poema dadaísta.  Un espectáculo de poesía, música e humor moi divertido!!!
 
Se queres repasar a colocación dos pronomes segundo AldaoLado non deixes de ir ao blog de Perdourando
 

Recital Día de Rosalía na Casa Museo de Manuel María

O EDLG participou o sábado 27 de febreiro no recital poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, con dous alumnos de 1º de Bacharelato, Enya Riveira e Andrés Andrade.

Participaron nesta fase final un total de 133 estudantes de toda Galiza, en 4 categorías, de Infantil a Bacharelato, que recitaron poemas de Rosalía e Manuel María, o escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.

Na lingua que eu falo

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Celebrando o día da Poesía

 

Dende o ano 2001, a UNESCO decretou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxetivo de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e para preservar este xénero literario, fortalecendo o diálogo entre a poesía e outras formas de arte, como a música, a pintura e o teatro.

Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, na súa mensaxe para o Día Mundial da Poesía 2010, dicho: «A diversidade poética bríndanos outra maneira de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquer punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa libertade, é a nosa humanidade. Mediante ao acceso á poética do mundo enteiro os rapaces poden dispor dun vector máis, diferente, sutil e fluido para mellorar o seu coñecemento e comprensión do outro».

Para ler a súa declaración prema aqui.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut