![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtH49z93FMB0vtp_BAwiWfnIv_-VBo8I9YbcoI0iEPE4li2SzE7sM3rcnPEl9vEPNqZAE8wteiw7C-rOHFgh1Z1niDDOII0_SS1upqc94KXj5kze4NKYXFw_lqJ6A7Is0Wl880MkOccq3cCv67_Sf-9iyeRovCxntt8OkYFKnezftvpuIiCBr8xQ/s320/Obradoiro%20de%20poes%C3%ADa.png)
Temos programado un obradoiro de poesía con
Carlos Negro que terá lugar na biblioteca no centro o vindeiro mércores, día 16 de novembro. A actividade que vai destinada ao alumnado de 3º ESO estimulará a escritura creativa. O poeta falaralles dos roles, dos estereotipos de xénero, de igualdade e das "novas" masculinidades.
Se queres coñecer parte da súa obra, podes atopar os seguintes exemplares na biblioteca.
Poesía:
- Makinaria (2009). Xerais.
- Penúltimas tendencias (2014). Xerais.
- Masculino singular (2016) Xerais.
- Aplicación instantánea (2018), Xerais.
Narrativa:
- Non cantan paxaros neste bosque (2021). Xerais.