Skip to Content

Banda Deseñada en BiblioPerdouro

Obradoiros dos IV Encontros de Banda deseñada

Inauguramos o pasado mércores 18 de xaneiro a cuarta edición dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Grazas a todos e todas pola vosa participación e orixinalidade na creación dos bocadillos.
Toda a información e fotos do acto no blog Banda Desexada.

APUNDÁDEVOS, HAI MOITO QUE APRENDER EN BANDA DESEÑADA:

  • OBRADOIRO DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADA:

Os días 25, 26 de xaneiro e o 8 de febreiro terá lugar pola tarde o obradoiro de creación de banda deseñada na biblioteca do centro.

  • OBRADOIRO DE ANIMACIÓN E EDICIÓN DIXITAL:

Os días 15, 16 de febreiro e o 8 de marzo terá lugar pola tarde o obradoiro de animación e edición dixital na biblioteca.

Fallo do xurado dos IVº Encontros de Banda Deseñada

Reunidos na Biblioteca do IES Perdouro, os membros do Xurado do Concurso fallaron a relación de premiados que se achega a continuación.

Fallo xurado


Foron fallados os premios dos IVº Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

Na categoría escolar ata catorce anos :


- 1º premio foi obtido por Amanda López López do CEIP Cervo coa obra O segredo do mar.

- 2º premio foi para Inés Pardo Parra do IES Perdouro coa obra Un traballo moi duro.

Na categoría escolar ata dezaoito anos:


- 1º premio recibiuno Cristián  Fojón Caruncho do IES Ortigueira pola banda deseñada Knocking on heaven doors.

- 2º premio foi para unha obra titulada Unha viaxe de ida e volta, presentada por Adrián Ramallal e José Ángel Bermúdez, alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo.

A  categoría libre

- 1º premio foi obtido por Aurélie Pello e Miguel Angél Rubio coa obra A ponte do Bispo.

- 2º premio foi para Laura Rodríguez Dominguéz  coa obra Benvido.

A entrega dos premios terá lugar o mércores 28 de marzo ás 11h30 na biblioteca do IES Perdouro coincidindo co acto de clausura dos IVos Encontros da Banda Deseñada na Mariña. Estarán presentes o debuxante, Brais Rodríguez, a concelleira de Cultura do Concello  de Burela, Mónica Pedre, a representante do EDNL, Miruca Parga, o director do IES Perdouro, Juan Sama, e os membros do equipo de BiblioPerdouro.
 
A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.

IV ENCONTROS DE BANDA DESEXADA NA MARIÑA

 

Hoxe ás 11 h. na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os IV Encontros de Banda Deseñada da Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos básicos: por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Nesta edición dos Encontros, como en anos anteriores, adicamos tres meses (dende hoxe, coa inauguración, ata finais de marzo) a esta tipoloxía de narrativa a través de OBRADOIROS de guión, de iniciación á BD, de caracterización de personaxes de cómic, de bonecos… e, tamén, EXPOSICIÓNS. Por exemplo, citar que xa teñen pasado en anos anteriores por estes Encontros artistas da categoría de Miguelanxo Prado, Manel Cráneo, Carlos Portela, Kiko da Silva ou David Rubín, entre outros.

Durante estes tres meses que hoxe iniciamos, o Instituto transfórmase: as aulas, as paredes, as ventás… todo serve de soporte para os debuxos dos rapaces que decoran todo o centro coas súas personaxes preferidas.

Outra das actividades habituais dos Encontros é a proxección de películas e curtas de animación. Así, os rapaces poden acceder a películas ás que, doutro xeito, lles resultaría difícil achegarse. Este ano proxectaremos: “La chica que saltaba a través del tiempo”, “X-Men primera generación” e “Scott Pilgrim contra el mundo”.

Ademais de todas estas actividades, os Encontros de BD na Mariña convocan un concurso de creación de BD en tres categorías: ata 13 anos, de 14 a 18 anos e unha categoría aberta. As bases deste concurso pódense consultar no propio blogue dos Encontros (bandadesexada.blogspot.com). Asimesmo, os Encontros contan cunha revista propia, chámase “Banda Desexada” e hoxe presentamos tamén o nº 3 que vimos de editar e nel aparecen os cómics dos primeiros e segundos premios da anterior edición, entrevistas…

Para rematar, queremos agredecer a axuda que para estas actividades recibimos do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto e tamén do Concello de Burela, así como a colaboración de todo o profesorado e alumnado que participa nelas.

Inauguración dos IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña

Xoves 18 de xaneiro, inauguraranse os IV ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA, cunha chocolatada na biblioteca do centro. Presentarase o cartaz que anuncia os encontros e o Nº 3 da revista "Bandadesexada" que recolle os traballos gañadores da terceira edición.

Neste acto, Juan Sama, director, e Juani Bernardez, coordinadora dos Encontros, darán a coñecer o cartaz gañador dos IV Encontros de BD,  presentaran o programa de actividades destes encontros, e entregaran a revista nº 3 de Banda Desexada.

 

  • Bases do Concurso de Creación de BD. 
  • Díptico IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña

 

Toda a información dos encontros no blog.

OBRADOIRO CON KIKE BENLLOCH

Os vindeiros días 25 e 26 de febreiro Kike Benlloch impartirá en dúas sesións un obradoiro sobre o guión de banda deseñada, no I.E.S. Perdouro. O centro está a desenvolver os seus III encontros de BD na Mariña con diversas actividades.

O taller terá unha parte teórica e outra práctica. Veranse exemplos reais das distintas técnicas e aproximacións que hai á escritura do cómic e comentaranse obras concretas.

A sesión do venres será das 18:30 ás 20:30 horas e a do sábado das 10:00 ás 13:00 horas.

O acceso é libre previa solicitude á secretaría dos Encontros en bandadesexada@gmail.com

Kike Benlloch (A Coruña, 1974) é autor de sete álbumes de BD e incontables historias curtas. Entre as súas obras cóntanse títulos como “Uxío Novoneyra, a voz herdada”, “Pinche Mundo” ou “Freda”.

Máis información. III Encontros de BD: http://bandadesexada.blogspot.com/

Máis información. Kike Benlloch: http://www.kikebenlloch.com

LER COMIC

Cris, unha compañeira do CEIP da Ramallosa, fixo esta presentación para entender mellor a lectura dos cómics.

III Encontros da Banda Deseñada na Mariña

 

Xa comezaron os III ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA.

* Bases do Concurso de Creación de BD.

* Díptico III Encontros de Banda Deseñada na Mariña

* Publicación da Revista  dos II Encontros de Banda Deseñada na Mariña




Toda a información dos encontros no blog

 

 Cartaz gañador: Pedro Díaz Diez (IES Monte Castelo)  

FALLO DO XURADO - CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

  Reunidos hoxe na Biblioteca do IES Perdouro, os membros do Xurado do Concurso fallaron a relación de premiados que se achega a continuación.
Foron fallados os premios dos IIº Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

Na categoría escolar ata catorce anos :
- 1º premio foi obtido por Tania Díaz Vázquez do IES Perdouro de Burela coa obra Vés comigo?.
- 2º premio foi para Carlos Paz Valiela do CEIP Fondo Nois coa obra  As bruxas Piruxas.

Na categoría escolar ata dezaoito anos:
- 1º premio recibiuno Marta Geada Alonso do IES Monte Castelo de Burela pola banda deseñada  14 de maio
- 2º premio foi para unha obra titulada Hulmitch, presentada por Javier Eijo Perales,  tamén alumno do IES Monte Castelo de Burela.

A  categoría libre quedou deserta.

A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.

ACTO DE CLAUSURA DOS IIos ENCONTROS DA BANDA DESEÑADA NA MARIÑA

 
 
 

O vindeiro venres 23 de abril, coincidindo co día mundial do Libro, celebrarase na biblioteca, o acto de clausura dos IIos Encontros da Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios. Estarán presentes David Rubín, a concelleira de Cultura do Concello  de Burela, Neves Cando, a representante do EDNL, Miruca Parga, o director  do IES Perdouro, Juan Sama, e os membros do equipo de BiblioPerdouro. Máis información no blog.

   Pica aquí para acceder o blog de David Rubín

OBRADOIRO DE INICIACION A BD CON MANEL CRANEO

 

Contaremos nestes encontros con dos obradoiros da man de Manel Craneo, onde nos explicará os segredos do debuxo e do texto nunha tira de BD. Para coñecelo mellor visita os seus blogs.
 
 

 

 

INAUGURACIÓN DOS IIos ENCONTROS DA BANDA DESEÑADA NA MARIÑA

 

  O vindeiro luns 25 de xaneiro, inauguramos os IIosEncontros da BD co Carlos Portela, guionista do Xabarin Club na TVG, coautor da recoñecida BD Esther.... Ler máis.
   

II ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA DA MARIÑA

II Encontros de Banda Deseñada na Mariña
 
 
Xa están en marcha os II ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA.
 
 
  • Bases do Concurso de Creaación de BD. 
  • Díptico II Encontros de Banda Deseñada na Mariña



 

Toda a información dos encontros no blog

 
Distribuir contido


by Dr. Radut