Skip to Content

Curso 2010-2011

Presentación da revista nº 17 Maruxía e entrega de premios do concurso dos Matos

O pasado venres 17 de xuño, na biblioteca, Karina Parga, vicedirectora do IES Perdouro, Ramón Blanco, coordinador do EDLG, e Antón Niñe, presidente da Asociación "Os Matos", presentaron a revista escolar Maruxía nº 17.

Esta publicación, editada polo Equipo de Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural "Os Matos" e maquetada polo Equipo de Biblioteca, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico.

Ademais disto, entregaronse os premios do concurso de poesía, relatos e imaxes convocado anualmente no IES Perdouro pola Asociación Cultural "Os Matos". As obras gañadoras aparecen publicadas no número de Maruxía deste curso e os premiados recibiron un diploma e uns agasallos.

 

Revista Maruxía en PDF aquí.

 "V Concurso de Poesía e Relatos Curtos"   - Tema "Burela: aberta ao mar"
 Poesía e  Relatos Curtos:  
 

Na categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º Premio: Diana Gonçalves Sanches (1º ESO)
  • 2º Premio: Inés Pardo Parra (1º ESO)

Na categoría Bacharelato, PCPI e Ciclos Formativos:

  • 1º Premio: Bruno Oroza Parga (1º Bacharelato)
  • 2º Premio: Laura Trelles Díaz (1º Bacharelato)

Na categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º Premio: Ángeles Mateos Guerrero (4º ESO)
  • 2º Premio: deserto
 
 "III Concurso de Imaxes"  

Na categoría ESO:

  • 1º Premio: Laura Sofía Semedo Brito (1º ESO)
  • 2º Premio: Emma Valle Basanta (1º ESO)
Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:
  • deserto

DÁNDOLLE A VOLTA

Por segundo ano consecutivo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade estivo traballando cos alumnos de 3º e foron os primeiros en aportar as súas denuncias no blog colaborativo que fixeron sobre o tema da Igualdade.

http://dandolleavolta.blogspot.com

OBRADOIROS DE IGUALDADE

Neste mes de maio, están tendo lugar os obradoiros Dándolle a Volta no IES Perdouro, de Burela.

“Dándolle a Volta” é un proxecto do  Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa que pretende abordar nos diferentes IES da Mariña as desigualdades existentes entre homes e mulleres na sociedade actual. O  obxectivo principal é favorecer e proporcionar un coñecemento crítico sobre os mecanismos de transmisión de roles e estereotipos na sociedade que nos leven a identificar as causas da violencia contra as mulleres, os modos nos que se dá e as posibles abordaxes para traballar a súa prevención.

No IES Perdouro, o alumnado de 3º e 4º da ESO están a recibir un obradoiro sobre varios temas de igualdade como a construción da identidade de xénero, os  roles e estereotipos sexistas, a análise dos medios nos que nos socializamos e a violencia nas relacións. O alumnado, a partir de diverso material, refleccionan e debaten enerxicamente.

 

   
   
Distribuir contido


by Dr. Radut